O concello de Ponteareas anuncia a actuación o vindeiro día 30 de setembro da cantante galega Sés que volverá visitar a cidade coincidindo co peche das festas para ofrecer un concerto ao aire libre ao terse que trasladar o concerto programado para o pasado sábado día 8 ao auditorio municipal por mor das inclemencias meteorolóxicas.
Atendendo ás demandas da veciñanza e a toda a xente que ese día non puido desfrutar, o concello de Ponteareas volverá traer á cantate Sés para que todas as persoas que non puideron desfrutar da súa actuación o pasado sábado poidan ter unha nova oportunidade de desfrutar das súas letras e da súa potente voz.
Días antes do concerto o concello informará da hora e do lugar no que se celebrará, sempre de balde.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.