Sesé somos todas

Campaña solidaria para a recostrucción do fogar de Sesé
Publicado por o día 20/03/2017 na sección de Colectivos Feministas,Galicia,Redondela,Social,Vigo

Sesé somos todas

O Grupo de Apoio á Familia Mateo esta formado por unha serie de persoas que ten o vinculo común da amizade con Maria José Mateo (Sesé), asasinada en Chapela pola súa exparella.

Ante a emerxencia social que supón a reconstrución da súa casa se puxerón mans a obra para comezar diferentes iniciativas en prol da reconstrución e en prol de que a familia puidera recuperar a súa vida, do mellor xeito posible, dadas as circunstancias.

As iniciativas teñen uns obxectivos determinados:

  1. Reconstrución/recuperación da casa familiar.
  2. Visibilización da violencia machista e de xénero.
  3. Homenaxe á vítima, Sesé.

A nosa colaboración pasa, desde formar parte da man de obra que participará na reconstrución da casa, ata recadar fondos para a súa reconstrución e para a recuperación do fogar por parte da familia (mobles, roupa, libros e material da escola, etc.).

Para a recadación de cartos comezamos coa venda de bonos solidarios, cun valor de 2 €, solicitando o apoio da veciñanza e amizades. Queremos que sexa ademais un acicate para as conciencias, e un amparo e acollemento para as vítimas, que non se sintan soas tralo tráxico incidente, que nunca tivo que suceder.

Os lugares de venda están repartidos pola nosa xeografía inmediata:

  • Estanco Melón (Avda. de Vigo 260, Chapela, Redondela)
  • Cafetería do Centro Recreativo e Cultural (Avda. de Vigo 218, Chapela, Redondela)
  • Peluquería Loli Barbará (Avda. de Vigo 296,Chapela, Redondela)
  • A Valeria (Chapela)
  • Lambonadas (Avda. de Vigo 226, Chapela, Redondela)
  • Bar A Bodega (rúa Subride 110, Candeán, Vigo)
  • Bar La Juakina (Rolda Don Bosco 7, Vigo Centro)
  • Bar Princesa (Pz. Constitución 5, Vigo Centro)
  • Café Badía (Sanjurjo Badía 240, Vigo)
  • Mistura Teis (Vigo, Teis)
  • Sara García Peluq Art
  • The Globe School of English (Ecuador 34, Vigo)
  • Taberna A Pedra (Rúa dos Cesteiros 2, Vigo)
  • Galería Gazz (Rolda Don Bosco 23, Vigo)
  • Copycolor (Travesía Vigo, Vigo)
  • A cova dos Ratos (Rúa Romil, Vigo)

Queren, asemade, agradecer a axuda desinteresada de moitas persoas, institucións (especialmente a Admón. local de Redondela) e empresas que xa se puxeron en contacto coa familia para colaborar desinteresadamente coa reforma da casa. A listaxe é longa e tentaremos citala con exhaustividade no futuro.

Buscamos en definitiva sacar o lado bo das persoas, que agrome a luz despois de tanta escuridade.