Sesenta equipos de Galicia e Portugal disputan este sábado o 4º BudiñoRaid, de orientación, cun percorrido de 85 Km. e unha proba especial na Fortaleza de Goián

Esta proba é tamén a última da Liga Galega de Raids e Campionato Galego polo que o interese é máximo
Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Galicia,Tomiño

Sesenta equipos de Galicia e Portugal disputan este sábado o 4º BudiñoRaid, de orientación, cun percorrido de 85 Km. e unha proba especial na Fortaleza de Goián

Os concellos de Tomiño e do Rosal serán os escenarios escollidos para a cuarta edición do BudiñoRaid Baixo Miño 2018, reunirá este sábado 27 de outubro, sesenta equipos nunha nova proba de orientación que é tamén, quinta e última Proba da Liga Galega de Raids de Orientación e Campionato Galego 2018.

A proba transcorrerá polos concellos de Tomiño e O Rosal na súa meirande parte, baixo as modalidades de carreira a pé ou trekking (35 quilómetros), bicicleta de montaña ou BTT (40 quilómetros), e piragua ou kayak (10 quilómetros). Coma novidade haberá unha proba especial na Fortaleza de Goián, con de rappel, escalada, jumar e orientación de memoria.

Nun percorrido que vai dende os 60 Km. (Orienta Raid, categoría de iniciación, non oficial) e os 85 km. (categorías Élite e Aventura), a saída terá lugar a 09.30h dende a Praza do Seixo (Tomiño) para as categorías Élite e Aventura e á mesma hora, pero dende a Fortaleza de Goián, para a categoría Orienta Raid. A hora límite de chegada á meta e 19.30h na praza tomiñesa do Seixo.

Os concelleiros de Deportes de Tomiño e O Rosal, Ismael Troncoso e Ángel Martínez, respectivamente, presentaron este mediodía a proba no Concello de Tomiño, acompañados do organizador, Carlos Amil, do BudiñoRaid. Ambos edís amosaron a súa satisfacción por contar con esta proba tan importante nos seus municipios.