Silleda acolle unha charla informativa sobre a trata de seres humanos no marco das actuacións contra a violencia de xénero

Lourdes Pazo García, do Programa Vagalume, impartirá a sesión aberta ao público este venres día 16 ás 11:00 horas nas dependencias do CIM
Por o 12/02/2018 | Sección: Galicia
Silleda acolle unha charla informativa sobre a trata de seres humanos no marco das actuacións contra a violencia de xénero
Compartir en:

Dentro das actuacións enmarcadas na da Rede de entidades locais contra violencia de xénero para este ano, Silleda acolle unha charla informativa sobre a trata de seres humanos, preferentementemente mulleres e nenas con fins de explotación sexual, delito denominado xa a nova escravitude do século XXI.

A  cita, organizada dende o departamento de Igualdade de Silleda será este venres día 16, ás 11:00 horas nas dependencias do Centro de Información á Muller (CIM) coa participación de Lourdes Pazo García, educadora e responsable da área de sensibilización do Programa Vagalume. Este proxecto ofrece atención integral e acompañamento ás mulleres vítimas de trata e/ou en contexto de prostitución. En Vagalume ofréceselle a estas mulleres información, asesoramento e acompañamento totalmente gratuito, confidencial e non discriminatorio.