Silleda Emprega difunde a oferta de cursos subvencionados na vila para persoas en situación de desemprego

Publicado por o día 21/09/2018 na sección de Galicia

Silleda Emprega difunde a oferta de cursos subvencionados na vila para persoas en situación de desemprego

O departamento municipal de Emprego, que dirixe Ana Luisa González, porase en contacto cos usuarios e usuarias do programa Silleda Emprega para presentarlles a posibilidade de participar nos cursos de formación subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que comezarán o vindeiro 15 de outubro no Centro de Formación Técnica (Fortec) Silleda, sito na avenida do Parque.

A oferta destes cursos, no marcoa das Accións Formativas para Desempregados (AFD), inclúe 4 modalidades: de Transporte Sanitario, deAtención Sociosanitaira a Persoas no Domicilio, de Docencia da Formación Profesional para o Emprego e de Desenvolvemento de Proxectos de Automatización Industrial.

As persoas participantes nestes cursos, que inclúen a realización de práticas en empresas, poderán optar a bolsas de axuda por desprazamento e por conciliación. Os participantes obterán ademais o Certificado de Profesionalidade en cada unha das tres modalidades.

Para o de Tranporte Sanitario e o de Atención Sociosanitaria (para traballar na atención a domicilio ou residencias) haberá horario de mañá ou tarde (de 09:00 a 14:00 ou de 16:00 a 21:00 horas). Para o de formadores o horario será de mañá (de 09:00 a 14:00 )  e o  proxectos de automatización industrial impartirase só en horario de tarde.

As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 669 892628. O único requisito é estar anotado como demandante de emprego.

“Dende o programa Silleda Emprega vemos a celebración destes cursos como unha oportunidade para os veciños e veciñas en situación de desemprego, polo que nos vindeiros días comunicaremos aos usuarios estas iniciativas”, indica a concelleira que agradece ao centro Fortec a comunicación destas actividades.