Simón: “Estamos nunha fase moi delicada e se non facemos as cousas ben nos pode pasar o que a Corea do Sur ou Alemaña”

Gran caída no número de contaxios de coronavirus, pero con matices.
Publicado por o día 11/05/2020 na sección de Coronavirus,España

Simón: “Estamos nunha fase moi delicada e se non facemos as cousas ben nos pode pasar o que a Corea do Sur ou Alemaña”

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, compareceu en rolda de prensa e insistiu en que a redución de contagios e o bo progreso nas tendencias non son motivos para baixar a garda fronte ao COVID19. Hai que ter coidado porque existe risco de rebrotes, como sucedeu en Corea do Sur ou Alemaña.

Gran parte do territorio españolentra hoxe na fase 1 da desescalada, unha etapa que aliviará as medidas restritivas adoptadas polo Goberno para loitar contra o coronavirus e da que se beneficiará máis do 51 % da poboación.

A nova fase arrinca nun día despois de que o sistema sanitario haxa rexistrado a cifra diaria de falecidos máis baixa desde o 18 de marzo, 123 e unha vintena menos que o día anterior. Ademais, rexistrouse un dos números de novos contaxios nun día máis baixos do estado de alarma: 373. Os cidadáns que se acollan a esta flexibilización poderán reunirse en grupos dun máximo de 10 persoas, participar en velorios cun máximo de 15 asistentes e asistir a centros de culto, entre outras medidas.

A fase 1 permite tamén a apertura de locais comerciais cunha superficie igual ou inferior a 400 metros cadrados, cun 30% do aforo total, e instalar terrazas ao aire libre co 50% das mesas. Esta etapa esténdese á totalidade dos arquipélagos, Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Aragón, Estremadura e Murcia, as cidades autónomas de Ceuta e Melilla e zonas de Castela-A Mancha, Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana.

Casos

Gran caída no número de contaxios de coronavirus, pero con matices. Este luns, Sanidade notificou 373 novos casos confirmados do virus a través de probas PCR, unha cifra que non ten precedentes desde hai máis de dous meses, concretamente desde o 8 de marzo, cando se rexistraron 330, en plena fase ascendente da epidemia. Este descenso tan brusco lembra ao ocorrido o pasado luns 4 de maio, cando os contagios pasaron de 935 o domingo a 465 un día despois.

Os datos daquel martes -un día no que habitualmente se producen subidas debido a atrasos na notificación a fin de semana- repuntaron de novo os casos ata os 1.034, polo que non sería sorprendente un efecto similar o vindeiro martes. Xa son 227.436 as persoas que se contaxiaron de coronavirus en España detectadas por probas PCR desde que comezase a epidemia (268.143 se se inclúen tamén os test serolóxicos).

Os 373 novos contagios deste luns sumados ao total do domingo non cadran con esa cifra total. Isto é así, segundo o propio boletín de Sanidade, porque Cataluña notificou 2.721 novos positivos dos que non coñece a data, polo que a serie histórica terá que ser corrixida nos próximos días para ver a que xornadas corresponden. Os contagios nesa comunidade ascenden a 83 nas últimas 24 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.