O Sindicato Sagap ( Sanitarios Galegos Públicos ) ven de convocar a 1ª Marcha de eventuais do SERGAS

Publicado por o día 13/03/2016 na sección de SAGAP,Sanidad,Sindicatos

O Sindicato Sagap ( Sanitarios Galegos Públicos ) ven de convocar a 1ª Marcha de eventuais do SERGAS

ilcanallarubens_Sagap_2016O Sindicato Sagap ( Sanitarios Galegos Públicos ) ven de convocar a semana pasada a realización da 1ª Marcha de eventuais do SERGAS que terá lugar o vindeiro dia 16 de marzo, ás 10.00 da mañán en Santiago de Compostela, dende a Praza do Obradoiro ata os Edificios da Xunta de Galicia en San Caetano.

Os motivos que os levan á mobilización son moitos, e neste caso todos eles relacionados ca situación de precariedade laboral, abuso e recorte continuo de dereitos ó que o SERGAS somete a todos os seus traballadores/as, pero en especial ó colectivo do persoal eventual, o eslabón máis débil e desprotexido. Con esta Marcha queren poñer de manifesto que dende SAGAP :

• Esixen a convocatoria dunha Oferta Pública de Emprego na que se recuperen e inclúan todas as prazas de todas as categorías que “desapareceron” dende o ano 2009, así como da totalidade das prazas vacantes que a data de hoxe se atopan cubertas por persoal eventual, dando a estabilidade necesaria a estes traballadores. A última convocatoria feita polo SERGAS, cun total de 818 prazas, na que nin sequera se contempla a oferta para todas as categorías existentes, supón una cifra ridícula e insuficiente si se quere garantir como se di, o desenvolvemento efectivo da actividade sanitaria pública de Galicia, tendo en conta as necesidades da nosa poboación, así como de dar estabilidade real ós traballadores públicos como se nos quere vender.

• Esixen a negociación dun pacto de contratacións xusto e claro, que permita e regule realmente unha contratación axustada á lexislación laboral, e non a base de contratos lixo. Hoxe en dia, tanto a selección de aspirantes como a contratación dos mesmos, están sometidos as “intrepretacións” retorcidas que fan os xerentes e os seus equipos tanto das leis vixentes coma dos seus propios acordos, contraacordos, instruccións, etc…  dando lugar a que dentro do mismo organismo, o que en Santiago vale, en Ourense sexa “ilegal” aplicar. Reclamanos tamén que de unha vez por todas se escoite e se teñan en conta as necesidades reais do persoal directamente afectado nos foros de negociación.

• Esixen que se recuperen aquelas categorías para o emprego público, que froito da voráxine privatizadora da Xunta de Galicia foron eliminadas para poder así “negociar” e contratar con empresas privadas e ir pouquiño a pouco vendendo por parcelas o noso Sistema Sanitario Público.

Esta precariedade , así como o constante “aforro” na contrataciónde persoal, non só impide os desenvolvemento de proxectos persoais e profesionais dos traballadores. Tamén afecta moi directamente á calidade da atención prestada ós usuarios, e se traduce en feitos tan palpables como: aumento das listas de espera, reduccións no tempos de consulta, falta de persoal de referencia, abandono da Atención primaria, aumento dos ratios personal/paciente, imposibilidade de levar a cabo unha atención integral dos pacientes e familias, colapsos dos servicios de Urxencias, peches de camas… É dicir, o progresivo desmantelamento da nosa Sanidade Pública .

Dende este Sindicato declaran o seu total compromiso ca defensa dos dereitos de todos os traballadores/as, así como manifestan o seu compromiso firme e rotundo ca defensa dunha Sanidade Pública Universal, Gratuíta no momento da prestación e de Calidade, e invitan a todas as organizacións sindicáis e colectivos dispostos a defendelos a que se unan, e que lles acompañen e participen nesta Marcha.

Rubens Rocha