O sistema de telecontrol de caudais do Consorcio de Augas do Louro evita a perda de 980.000 litros diarios en Salceda de Caselas

Este feito determinou que se intensificara a inspección das redes de abastecemento por parte da empresa explotadora, detectándose unha fuga oculta que vertía auga cara á rede de sumidoiros desde unha tubaxe xeral

O pasado martes, o persoal técnico que traballa para o Consorcio de Augas do Louro detectou un importante incremento do consumo nocturno de auga en Salceda grazas ao sistema de telecontrol de caudais que se instalou nos puntos de subministración de auga máis importantes nos 4 Concellos que compoñen o Consorcio de Augas do Louro.

Este feito determinou que se intensificara a inspección das redes de abastecemento por parte da empresa explotadora, detectándose unha fuga oculta que vertía auga cara á rede de sumidoiros desde unha tubaxe xeral de 140 mm de diámetro instalada na rúa Victoriano Pérez Vidal.

O sistema de control de consumo cuantificou en 980.000 litros diarios que se evitou perder grazas á reparación realizada o mesmo martes entre as 15:00 e as 19:00 horas.

Noticias de última hora en Vigo

Camiño da VeigaConsorcio de Augas do LouroGuillareiSalceda de CaselasTui

SIGUENOS EN TELEGRAM