Situación de persecución e represión sindical con sentenzas de cadea

Publicado por o día 30/06/2014 na sección de Vigo

Situación de persecución e represión sindical con sentenzas de cadea

A represion sindical que estamos a padecer é síntoma dunha democracia de moi baixa calidade. Espazo apoia ás mobilizacións sindicais unitarias convocadas para mañá luns 30 de xuño nas principais cidades galegas.

A situación de persecución e represión sindical con sentenzas de cadea para persoas que exercían os seis dereitos constitucionais de manifestación e de folga é propia doutras épocas que parecían superadas.

Por iso, dende Espazo valórase moi positivamente a unidade sindical coa que estase a desenvolver a campaña en defensa da actividade sindical e contra a represión, e como en anteriores mobilizacións sindicáis unitarias, Espazo Ecosocialista vai apoiar ás mobilizacións convocadas para mañá 30 de xuño nas principais vilas  galegas, e anima á cidadanía galega a sumarse solidariamente ás mobilizacións en apoio das persoas condenadas.

> Ainda que hai moitos máis síntomas de democracia de baixa calidade, no momento que unha das persoas condenadas entre na cadea, estaremos tocando fondo, e teremos máis razóns para reclamar e loitar por un novo proceso constituiente que respete e garantice de verdade os dereitos das traballadoras e traballadores, sinalan dende Espazo.

PRENSA ESPAZO ECOSOCIALISTA