SLG e FRUGA piden ao Concello de Santiago a readmisión de todos os postos de venda directa na Praza de Abastos

No entorno do mercado hai espazo suficiente para reubicar todas as praceiras respectando os protocolos sanitarios de loita contra a Covid-19
Publicado por o día 11/09/2020 na sección de Galicia,Santiago,Sindicato Labrego Galego,Sindicatos

SLG e FRUGA piden ao Concello de Santiago a readmisión de todos os postos de venda directa na Praza de Abastos

Dende o Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA) facemos un chamamento ao Concello de Santiago para que busque, de maneira urxente, solucións para que poidan instalar os seus postos todos os labregos e labregas que fan venda directa na Praza de Abastos de Compostela. Nun comunicado emitido onte (bit.ly/PrazaComposCovid), denunciabamos a expulsión dos postos ambulantes de alimentos do Mercado de Abastos. Hoxe informaron que estes reducíronse a sete ao ser redistribuídos polo Concello de cara a facer fronte á Covid-19, obrigando ás praceiras a facer quendas para poder seguir vendendo.

Dende o SLG e a FRUGA, consideramos que no entorno da Praza de Abastos hai espazo suficiente como para reubicar todos os postos de venda respectando os protocolos sanitarios sen excluír ninguén e sen obrigar a restrinxir a comercialización coa obriga de quendas.

Por iso, solicitamos do Concello de Santiago que busque novos lugares nos que emprazar os postos de venda; e pedímoslle á xerencia da Praza de Abastos, que vén de declarar que sempre “…defendeu a presencia e o traballo das praceiras que venden os seus produtos no mercado” que interceda por elas diante das autoridades municipais, en defensa dos seus intereses, e para que o seu traballo non se vexa coartado coa escusa duns protocolos sanitarios que, cun pouco de vontade por parte das autoridades municipais, se poden cumprir sen marxinar a ninguén.

Comentar noticia

Your email address will not be published.