A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o emprego de Instagram e da súa nova función Reels para a promoción empresarial, a impresión 3D e plataformas para a creación dunha tenda en liña.
En concreto, este martes 19 impartirase o obradoiro “Reels: a nova función de Instagram”, a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.
O mércores 20 será a quenda de “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa”, que será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais.
Pola súa banda, o xoves 21, o experto universitario en Robótica Manuel Freire, impartirá “Impresión 3D II: impresoras de filamento”, dando continuidade ao obradoiro desenvolvido a semana pasada.
Por último, o venres 22, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre comercio electrónico no obradoiro “Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.