Smartpeme pon en marcha esta próxima semana outros seis obradoiros on-line

Ata o 17 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre email márketing, WhatsApp Business ou IoT
Publicado por o día 12/07/2020 na sección de Deputación de Pontevedra

Smartpeme pon en marcha esta próxima semana outros seis obradoiros on-line

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta vindeira semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

Este luns 13 impartiranse dous obradoiros. O primeiro tratará sobre a “Estratexia de palabras clave para posicionar o teu negocio en liña” e será impartido ás 12:00 horas por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual. De cara ás 17:00 horas Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, levará a cabo un taller co título de “Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing”. Para o martes 14 ás 12:00 horas SmartPeme ten programado un obradoiro titulado “Así funciona WhatsApp Business”, que contará co enxeñeiro informático José Luis Taboada.

Será o mércores 15 ás 11:00 horas cando Mariana Rosa, experta en turismo, verse sobre “Redes sociais para establecementos turísticos”. Ao día seguinte, o xoves 16, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá “Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña” ás 12:00 horas. Para finalizar a semana, Manuel Freire, experto universitario en robótica, ensinará ás e aos participantes “Que é o IoT (Internet das Cousas) e que promete” ás 12:00 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.