SmartPeme pon en marcha esta semana outros cinco obradoiros en liña

Ata o 31 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación de Pontevedra oferta cursos sobre medidas para o coronavirus, fotografía ou Google Adwords

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de márketing.

Este luns impártese o curso Medidas para Enfrontar o Coronavirus no Teu Establecemento Turístico, a cargo da graduada en Turismo, Mariana Rosa. Para o martes 28 SmartPeme ten programado, a partir das 12 horas, un obradoiro titulado Fotografía de Produto para a Túa Tenda En Liña ou Ecommerce, que contará coa titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, Lara Taboada. O mércores 29, tamén ás 12 horas, será a quenda de Infoprodutos: Que Son e Como Crealos, impartido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas.

Ao día seguinte, o xoves 30, ás 12 horas, Esther Garciñuno, diplomada en Ciencias Empresariais, impartirá Aprende a Promocionar a Túa Empresa con Pinterest. Para finalizar a semana, o venres 31, María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, ensinará ás e aos participantes unha Introdución a Google Adwords, tamén no horario habitual de 12:00 a 13:00 horas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM