Smartpeme pon en marcha esta vindeira semana outros cincos obradoiros On-Line

Ata o 24 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre modelos de negocio, LinkedIn ou Google Analytics
Publicado por o día 19/07/2020 na sección de Deputación de Pontevedra,Formación

Smartpeme pon en marcha esta vindeira semana outros cincos obradoiros On-Line

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

Este luns 20 impartirase “Consideracións á hora de crear o meu modelo de negocio”, a cargo do enxeñeiro informático José Luis Taboada. Para o martes 21 SmartPeme ten programado un obradoiro titulado “LinkedIn para empresas”, que contará coa licenciada en Publicidade e Relacións Públicas María Aller. O mércores 22 será a quenda de “Promociona a túa empresa a través dos stories de Instragram”, impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual.

Ao día seguinte, o xoves 23, Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, falará sobre “Infografías: representa a información de maneira visual”. Para finalizar a semana, o venres 24, Esther Garciñuno, diplomada en Ciencias Empresariais, ensinará ás e aos participantes o funcionamento de “Google Analytics para a toma de decisións”. Os cinco obradoiros desta semana serán impartidos en horario de 12:00 a 13:00 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.