Vigo acollerá en outubro seis novas accións formativas do programa “SMARTPEME”

Están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Vigo

Vigo acollerá en outubro seis novas accións formativas do programa “SMARTPEME”

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de outubro seis novas accións formativas do programa “Smartpeme” que comezan mañá en Vigo. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas

Así, os cursos que se impartirán dende o 1 ata o 29 de outubro serán os seguintes: “Vídeo co teu smartphone: crea, grava e edita coma un profesional”, que se desenvolverá o martes 1 de outubro de 18 a 21 horas; “Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing”, que será o martes 8 de outubro de 19 a 21 horas; “Crea unha campaña de email marketing con MailChimp”, programado para o martes 15 de outubro entre as 19 e as 21 horas; “Social Media Listening: o que se di de ti en Internet”, que se realizará o martes 22 entre as 19 e as 21 horas; “Motores de reservas para empresas turísticas”, o xoves 24 de outubro de 17 a 19 horas; e, finalmente, “Optimiza a túa páxina de Facebook”, que será o martes 29 de outubro de 18 a 21 horas.

Estes obradoiros serán impartidos na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (rúa Oporto 3). As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer a través número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico [email protected] ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal. Ademais, o programa formativo SmartPeme estrea Twitter (@smartpeme) e Facebook (SmartPeme).