Soben a 27 os sanitarios do Cunqueiro illados por contacto dun positivo

Publicado por o día 07/08/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

Soben a 27 os sanitarios do Cunqueiro illados por contacto dun positivo

Xa son 27 os sanitarios do hospital Álvaro Cunqueiro que se atopan illados nas súas casas tras estar en contacto cunha paciente á que ían someter a unha operación de cadeira e que deu positivo na proba PCR que se lle practicou antes da intervención.

Trátase de oito enfermeiras, once auxiliares e oito celadores, todos da planta de neuroloxía, segundo confirmou o Sergas, e permanecen illados “como medida de precaución”, tal e como mandan os protocolos.

Todos eles mantiveron contacto coa paciente, unha muller de 77 anos que permaneceu varios días ingresada á espera de ser intervida cirurxicamente e que deu positivo pero é asintomática.

Actualmente, na área sanitaria de Vigo hai 75 pacientes activos con covid-19, segundo datos difundidos esta mañá polo Sergas.

Deles, un permanece na UCI, dous están hospitalizados e o resto mantéñense illados nos seus domicilios.

Por outra banda, oito pacientes recibiron a alta, co que son 2.205 as persoas que venceron o virus na área de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.