Sobresalto en Sanjurjo Badía por un incendio nun piso con dous menores no seu interior

Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Sobresalto en Sanjurjo Badía por un incendio nun piso con dous menores no seu interior

Na tarde do día de onte ás 15:54 horas recibiuse chamada na Sala Operativa do 092 dun veciño da rúa Sanjurjo Badía informando que se estaba producindo un incendio nun piso.

Unha vez no lugar confluíron varias unidades policiais, distribuíndo os labores entre a regulación do tráfico, e o apoio ao corpo de bombeiros que xa se atopaba no lugar actuando.


Todo apunta a que o sinistro foi orixinado por unha tixola que estaba ao lume e que posteriormente incendiou a campá extractora, causando danos unicamente na cociña.

O propietario do piso resultou ser V. L, de Vigo e 48 anos de idade. Que á súa vez arrendou o mesmo a J. D. F, con tamén de Vigo e 50 anos de idade.

Este último manifestou que se atopaba no domicilio cos fillos da súa parella de 15 e 13 anos. Que puxo unha tixola ao lume, baixando un momento para facer un recado, atopándose ao subir con que prendera lume.

Os menores atopábanse no domicilio, o menor (mentres o seu irmán duchábase) sentou no sofá, quedándose durmido, sendo espertado polo gato, e decatándose nese momento que se estaba producindo o sinistro.

Inmediatamente pechou a porta da cociña, e avisou ao seu irmán, solicitando axuda aos veciños.

Acudiron dous deles que finalmente tiveron que ser atendidos por técnicos dunha ambulancia de 061 e trasladados ao HAC como consecuencia da inhalación de fume.

Comentar noticia

Your email address will not be published.