Sofre unha crise de ansiedade tras producirse un incendio no garaxe dunha vivenda en Teo

Por o 23/01/2018 | Sección: Sucesos
Sofre unha crise de ansiedade tras producirse un incendio no garaxe dunha vivenda en Teo

Un incendio calcinou un coche no interior dun garaxe dunha vivenda do concello coruñés de Teo. Ademais, a dona do inmoble requiriu asistencia sanitaria tras sufrir unha crise de ansiedade.

Faltaban 15 minutos para as 12:00 horas deste mediodía cando o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que alertaba do lume. Indicaba que ardía un coche no interior dun garaxe situado no lugar de Fixó, na parroquia de Calo.

Tras o aviso, dende o CIAE alertouse decontado aos Bombeiros de Santiago e de Ordes. Tamén, solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e dos efectivos do GES da Estrada e de Protección Civil da localidade.

O coche ardeu na súa totalidade sen saber, polo momento, as causas que orixinaron o lume.