Solicitan acesos e a mellora dos pasos inferiores, no proxecto vía verde

Publicado por o día 17/04/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Solicitan acesos e a mellora dos pasos inferiores, no proxecto vía verde

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, nos meses de febreiro e marzo, en relación a proxecto da vía verde que supón a recuperación do antigo trazado do ferrocarril para uso público, solicitando a ampliación dos pasos inferiores nos camiños da Xorxa e da Ferreira e a construción de dous acesos para comunicar a vía verde coa avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes.

A realización da vía verde é unha oportunidade para mellorar os acesos nos camiños da Xorxa e da ferreira, ampliando os pasos inferiores destas vías, que son moi estreitos. No caso do camiño da Ferreira, por este paso non poden pasar ningún tipo de vehículos.

Tamén solicitou aumentar os acesos a vía verde, concretamente no tramo final, coa construción de dous acesos en ambas marxes, que comunicará a vía verde co lavadoiro e a avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes ou dos Namorados, no río Pugariño.

A Asociación Veciñal de Teistamén solicitamos no mes de febreiro unha xuntanza co Concelleiro de Fomento, sen recibir ningunha resposta até o de agora.

Estas propostas da Asociación Veciñal de Teis, permitirían mellorar os acesos en varios lugares e por en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.