Solicitan mellorar o proxecto da vía verde

Publicado por o día 27/02/2020 na sección de Galicia,Vigo
Solicitan mellorar o proxecto da vía verde

A Asociación Veciñal de Teis, celebrou a pasada semana unha asemblea, para valorar a situación creada logo da renuncia da empresa adxudicataria do proxecto da Vía Verde anunciada hai varias semanas, da paralización das obras desde hai meses que incluía a finalización das mesmas en agosto de 2019 e da falta de resposta as propostas de mellora do proxecto presentadas pola Asociación.

Nesta asemblea acordaron dirixirse por escrito ao goberno municipal solicitando mellorar o proxecto, nos seguintes aspectos:

  • A ampliación do paso inferior da Xorxa, ao ser moi estreito, o que permitiría mellorar os aceso e o paso de vehículos.
  • A reparación do paso elevado sobre a vía que comunica o camiño da Trapa.
  • Que lindeiro coa vía hai un terreo na avenida de Galiza,a altura dos números 212-216, que nos planos do proxecto observamos que vaise acondicionar con xabre. Nós propoñemos que sexa unha area de descanso. Ademais que se manteña o aceso actual a vía desde a avenida de Galiza nese punto, o que permite comunicar a avenida de Galiza co camiño da Ferreira.
  • Que se realice un aceso peonil que permita a través da vía verde comunicar a rúa párroco Don Serafín e a avenida de Galiza, a altura do peto das Animas.
  • Construír no tramo final a altura do viaduto das Catro Pontes, un aceso a vía desde a avenida de Galiza, a altura do número 304, o permitiría comunicar a vía co lavadoiro da avenida de Galiza.

As obras do proxecto da Vía Verde comezaron o 14 de febreiro de 2019 e anunciábase que a obra estaría rematada nun prazo máximo de seis meses, a realidade que só se executou un tramo de 400 metros inaugurado en agosto de 2019.

O goberno municipal de Vigo, non explicou cales son os motivos para a paralización do proxecto desde hai meses e porque a empresa renuncia ao proxecto, o cal xa fóra modificando ao longo do desenvolvemento das obras. Desde a Asociación Veciñal de Teis, esixisen ao goberno municipal que explique os motivos desta paralización.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, en varias ocasións ao longo de 2019, solicitando a mellora do proxecto, coa ampliación do paso inferior no camiño da Xorxa e a construción de un aceso para comunicar a vía verde coa avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes.

Paso camiño da Xorxa 2020

A realización da Vía verde é unha oportunidade para mellorar os acesos nos camiños da Xorxa ampliando os pasos inferiores destas vías, que son moi estreitos.

Tamén solicitaron aumentar os acesos a vía verde, concretamente no tramo final, coa construción dun aceso nunha das marxes, que comunicará a vía verde co lavadoiro e a avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes ou dos Namorados, no río Pugariño.

A Asociación Veciñal de Teis, tamén solicitou no mes de febreiro unha xuntanza co Concelleiro de Fomento de 2019, sen recibir ningunha resposta até o de agora.

Estas propostas da Asociación Veciñal de Teis, permitirían mellorar os acesos en varios lugares e por en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño.

Despois dun ano non se executou o proxecto da Vía Verde, as obras están paralizadas e polo tanto estan a tempo de poder mellorar o proxecto, ao ter que adxudicarse a obra a outra empresa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.