Como solicitar o voto rogado para as eleccións ao Parlamento Galego? Aquí tes todas as instrucións

Se es unha das máis de 400.000 galegas que votan desde o exterior, lembra que o sábado é o último día para pedir o voto rogado
Publicado por o día 25/08/2016 na sección de Eleccións Galegas,Vigo

Como solicitar o voto rogado para as eleccións ao Parlamento Galego? Aquí tes todas as instrucións

Este sábado día 27 é o último día para solicitar o denominado voto rogado para as eleccións galegas que terán lugar o 25 de setembro, nesta entrada vén os diferentes pasos que hai que realizar para solicitar o voto e esperamos que sexa de vosa utilidade.

CASO 1: Aínda non me inscribín no Consulado

Opción A : se vou viaxar a casa nesas datas, planear de forma que poida votar en urna o 25S no meu colexio electoral.

Opción B: inscrición ERTA, tendo en conta desprazamentos ao Consulado xa que o rogo de voto é presencial. O voto é por correo (non en urna), se vives noutro continente poida que cheguen tarde as papeletas ou o teu voto.

Opción C: inscrición CERA, se queres facerche residente permanente ou se levas máis dun ano residindo no estranxeiro (neste último caso porque poderían negarche a inscrición ERTA no Consulado). IMPORTANTE: esta inscrición só podes facela durante a semana en que se reabre o censo para reclamacións (do 8 ao 15 de agosto).

CASO 2: Xa me inscribín como

— Residente (CERA)

O censo é o vixente ao 1 de xuño, se te inscribiches despois ¡RECLAMA! 

Opción A: voto desde o estranxeiro.

1) Revisa a túa inscrición no censo no consulado do 8 ao 15 de agosto, e se hai un erro, reclama.

2) Roga o voto entre o 3 e o 27 de agosto.

Con certificado electrónico (dispoñible a partir do día 4), deberás acceder ao trámite “Solicitude voto CERA” na dirección https://sede.ine.gob.es mediante un certificado electrónico recoñecido asociado ao teu Documento Nacional de Identidade (DNI)

Coa clave de tramitación telemática (CTT), que che remitirán por correo postal ao domicilio onde estás inscrito. Deberás acceder ao trámite “Solicitude voto CERA” na dirección https://sede.ine.gob.es/Solicitud_voto_CERA mediante a CTT, seguir as instrucións que se che presenten e achegar o ficheiro da imaxe dun destes documentos: DNI, pasaporte, certificado de nacionalidade española ou certificado de inscrición consular.

Unha vez enviada a documentación, podes comprobar que a túa inscrición foi aceptada e tramitada de dúas formas. (Dá un par de días de marxe entre o teu envío e a comprobación):

  • O comprobándo por internet
  • No caso de que non apareza a solicitude como “aceptada”, podes poñerche en contacto por teléfono coa túa delegación provincial do censo e consultar se houbo algún problema, xa que aínda estarías a tempo de volver enviarlles a documentación. Aquí a listaxe de teléfonos.

3) Envía o voto por correo ao teu consulado ata o 20 de setembro, ou vota en urna no consulado entre o 21 e 23 de setembro, ambos os incluídos.

Opción B: voto por correo desde España, ten que solicitarse en persoa en calquera oficina de correos e como mínimo 10 días antes das eleccións. Os prazos son: ata o día 15 de setembro para solicitalo na oficina de correos, do 5 ao 13 de setembro a Oficina do Censo Electoral envía a documentación ao votante, que ten ata o 21 de setembro para enviar o seu voto. Información detallada aquí.

IMPORTANTE: se xa estás inscrito como CERA non podes votar en urna na túa cidade o 25S aínda que esteas alí ese día porque xa non figuras nas listas (non estás empadroado alí)

— Non Residente (ERTA)

ATENCIÓN MOI IMPORTANTE: se te inscribiches como ERTA fai máis dun ano, (por exemplo con motivo das eleccións municipais de maio de 2015) a túa inscrición ERTA caducou. Acode ao consulado entre o 8 e 15 de agosto, poida que pedir  a inscrición como residente permanente para poder votar, e o trámite só é posible nesa semana.

Opción A : voto en urna en España. Se vas viaxar a casa por vacacións, podes planear as datas de forma que poidas VOTAR EN URNA o 25S no teu colexio electoral. Para iso NON DEBES rogar o voto no consulado, se o fas non poderás votar en España.

Opción B: voto desde o estranxeiro.

1) Roga o voto no consulado entre o 3 e o 27 de agosto. O impreso facilitarancho alí, ou o podes descargar aquí. 

Unha vez enviada a documentación, podes comprobar que a túa inscrición foi aceptada e tramitada de dúas formas. (Dá un par de días de marxe entre o teu envío e a comprobación):

  • O Comprobándo por internet
  • No caso de que non apareza a solicitude como “aceptada”, podes poñerche en contacto por teléfono coa túa delegación provincial do censo e consultar se houbo algún problema, xa que aínda estarías a tempo de volver enviarlles a documentación. Aquí a listaxe de teléfonos.

2) Vota por correo. A data límite para enviar o teu voto é o 21 de setembro.

Comezo do ENVÍO DE PAPELETAS desde España (afecta tanto a CERA como a ERTA)

Se NON hai impugnación: 5 de setembro.

Se hai impugnación: 13 de setembro.

Se hai impugnación as papeletas teñen só 7 días para chegar!

IlCanallaRubens_Elecciones-GALICIA-y-EUSKADI_25S_2016