Solicitude a Alcadia Vigo: Desafiuzamentos e propostas

Por o 29/01/2018 | Sección: Galicia,PAH Vigo,Social,Vigo
Solicitude a Alcadia Vigo: Desafiuzamentos e propostas

Volvemos facer entrega por rexistro da petición de reunión entre o Sr. Alcalde do Concello de Vigo e representantes da PAH. Sr Abel Caballero, no pasado (e actualmente tamén), fai pública a colaboración entre vostede e a nosa Plataforma. Vostede é coñecedor de nosa labor, aínda que recordámoslle que xa son anos que non nos recibe. Son varios os problemas que desexamos expoñer, e estamos seguros de que chegaremos a un punto de encontro. Por iso pedímoslle que nos reciba.

Asunto: Petición de reunión co Sr. Alcalde de Vigo.

Temas:
– desafiuzamentos na nosa cidade
– subministracións e axudas a familias
– parque publico de vivenda
– plan de emerxencia ante desafiuzamentos
– melloras no albergue municipal
– proposta dun centro de inclusión social
– apoio a #LeiVivendaPAH

En Vigo temos 4 desafiuzamentos diarios con un enorme cercemento dos de Aluguer Por iso é moi importante presionar ás propias entidades financeiras directamente, para que creen un Parque PÚBLICO de Vivendas con destino a alugueres sociais para as familias golpeadas pola crise do municipio. É tamén unha maneira, máis xusta e equitativa, de que estes bancos e caixas poidan devolver unha parte dos seus beneficios, a conta do diñeiro público, ao resto da sociedade.

Proposta para un Acordo sobre a Vivenda
O concello ten, a pesar dos intentos do goberno do PP, competencias para que as veciñas e veciños poidan gozar do dereito á Vivenda. Os antecedentes descritos recomendan a redacción da presente moción e aprobación dos seguintes acordos por parte do Pleno municipal

ACORDOS:
Primeiro.- Declarar A Vigo como cidade libre de desafiuzamentos.
Non permitir os desaloxos de vivendas familiares habituais ou de primeira residencia e aprobar o seguinte protocolo de actuación.
Que se tome o acordo de que a Policía Local no interveña en ningún desafiuzamento ou desaloxo, e tampouco impoña ningunha medida coercitiva, (sancións, multas, etc. ) ás persoas que intenten impedir o mesmo.

Segundo.- Elaborar e aprobar un Plan Municipal de Vivenda.

Terceiro.- Elaborar e aprobar programas de inspección có fin de detectar, comprobar e rexistrar os inmobles que se atopan en situación de permanente desocupación, comezando polos que son propiedade de entidades financeiras e outros grandes tenedores.

Cuarto.- Podiamos partir de esta definición de vivenda baleira:
a) Vivenda baleira durante mas de seis meses;
b) Omisión de oferta vinculante de aluguer en casos de desaloxo;
c) Incumprimento dos deberes de conservación da vivenda;
d) Incumprimento de deberes de pago e conservación de leiras derivados da Lei de Propiedade Horizontal;
e) Incumprimento do deber de inscrición rexistral da titularidade.

* Recordamos que a lei ten previsto a imposición de multas coercitivas segundo o artigo 136.4 da Lei do Solo de Galicia que podan chegar ata os 10.000 euros, previa advertencia, se pasado o período fixado non se produciu a ocupación do inmoble. Se a pesar da sanción a vivenda segue desocupada, inscribirase o inmoble no Rexistro de Solares. Unha vez inscrito no Rexistro e conforme o artigo 138.1 da Lei anteriormente referida, nun plazo máximo de 1 ano sacarase a puxa pública co tipo de licitación que resulte da valoración do inmoble.

Quinto.- O concello de Vigo diante o aumento da carestía do aluguer e loitar contra a desocupación permanente de vivendas e promover e investir en Vivenda para Aluguer Social e dentro dela Vivendas de Emerxencia.
Impulsar o uso e rehabilitación de vivendas favorecendo súa inclusión no parque público da vivenda velar pola transparencia do mercado inmobiliario para asegurar a protección dos usuarios e inquilinos.
Combater o aluguer de infravivenda o aluguer en condicións de insalubridade perseguir a sobreocupación.
A PAH entende que hai que compensar os caseiros que se comprometan con un protocolo de boas prácticas para o aluguer, outorgando beneficios na fiscalidade municipal, pero sendo firmes con quen fai negocio a costa do dolor e de non poder alugar no mercado convencional.
Reducir os impostos a familias en exclusión social por parte do Concello.

a) Solicitamos a esta cámara que non se lles cobre imposto algún a toda familia que se atope en situación de exclusión social , ata regularizar a súa situación económica.
b) Que este Concello non emita ningunha orde de embargo e poxa por débedas co concello, como xa ocorreu a varios compañeiros deste colectivo, sendo persoas en risco de exclusión social.

Sexto.- Protocolo de actuación en Caso de Desamparo para Unidades Familiares.
Crear unha OFICINA LOCAL DA VIVENDA conectada directamente cos Servizos Sociais do Concello e os servizos de Intervención Hipotecar e outros MMSS.
Un dos primeiros obxectivos da mesma e que dende esa oficina se resolva toda a documentación que se solicita nas distintas axudas das diferentes Administracións, que acaba sendo un verdadeiro labirinto para os solicitantes.
a)Revisar os acordos coas subministradoras para que non se corte a luz, auga, etc., sen que medien os Servicios Socias do Concello.
b)Establecer un plan de emerxencia para os Desafiuzamentos de Aluguer :
A maioría das familias ou persoas que perden o aluguer é por falta de pago, por non dispoñer de recursos ou cobrar algunha axuda administrativa (RISGA, subsidio). Como sabemos, no mercado
inmobiliario solicitan cláusulas abusivas, como é a esixencia do “aval propietario”. O concello debería estudar a legalidade de tal requisito e, en calquera caso, facer unha campaña de medidas para que o simple aval do concello sirva para facilitar o acceso ao aluguer cun bono de tres mensualidades.
As inmobiliarias e os caseiros deben saber que en Vigo vaise a combater a usura e aos que se aproveiten de situacións de extrema necesidade.
Trasladámoslle a situación anómala na que se atopan os usuarios do Albergue Municipal, E necesario un dialogo sereno.

Sétimo.- Apoio do pleno do concello a lei vivenda pah
O Artigo 87 Constitución di: “As Asembleas das Comunidades Autónomas poderán solicitar do Goberno a adopción dun proxecto de lei ou remitir á Mesa do Congreso unha proposición de lei, delegando ante a devandita Cámara un máximo de tres membros da Asemblea encargados da súa defensa.”
En base a ese artigo da nosa Constitución, solicitamos que o Parlamento Galego inste ao Goberno do Reino de España á aprobación da Lei de Vivenda da PAH . No estado español hai máis de 173 desafiuzamentos cada día, e 5 millóns de fogares están a sufrir frío este inverno por non poder facer fronte ás facturas. Os prezos dos alugueres están totalmente descontrolados. E mentres tanto, o goberno continúa poñendo facilidades á banca, aos grandes especuladores e ás compañías subministradoras para enriquecerse.
Como solución ao problema nós expomos a Lei de Vivenda da PAH. Un texto de lei que contén 5 propostas polo Dereito á Vivenda, e que de lexislarse no Congreso acabaría coa emerxencia que atravesamos.

As nosas propostas son:
1) Dación en Pago Retroactiva, para acabar coas débedas para sempre que deixan os bancos.
2) Aluguer Alcanzable, para regular os prezos do aluguer como se fai noutras partes de Europa.
3) Moratoria dos Desafiuzamentos, ata conseguir implementar medidas que permitan garantir ás familias un teito.
4) Vivenda Social, para que a Administración Pública poida utilizar os pisos baleiros da banca para reacoller ás familias vulnerables.
5) Subministracións Básicas Garantidas, impedindo que se corte o acceso a auga, luz e gas ás familias vulnerables.

Á espera de que frutifique esta proposta de reunión , desexámoslle todo o mellor polo ben de todos os cidadáns do concello de Vigo.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.