Solicitude de condoación da débeda para unha familia con dous fillos

Publicado por o día 12/01/2017 na sección de A Coruña,Galicia,Social,Vigo

Solicitude de condoación da débeda para unha familia con dous fillos

Maña venres 13 ás 11 da mañá, Stop Desfiuzamentos A Coruña presentará un escrito a ABANCA solicitando a condoación da débeda dunha familia con dous menores a cargo.

A súa vivenda xa foi subastada e quedalles unha débeda de máis de 100.000 €, xa que non tiveron a sorte de que a dación en pago chegase pola vía xudicial tal e como acaba de acontecer no xulgado número 10 do mercantil de Barcelona. A pesares de que esta entidade foi rescatada cos cartos de todos, segue desafiuzando e realizando prácticas abusivas.

Convidan a todos a acudir diante das oficinas que ABANCA ten na calle Galileo Galilei número 6 ó lado do Hotel Ibis.