SOLICITUDE DE MEDIDAS CORRECTIVAS E COMPENSATORIAS POLOS IMPACTOS DA AUTOESTRADA AP-9, DA SUA AMPLIACIÓN e POLAS DEMAIS INFRAESTRUCTURAS QUE FRACTURAN a parroquia de Chapela, así mesmo inclúense algunhas PROPOSTAS PARA A REDACCIÓN DO PXOU.

Por o 21/01/2018 | Sección: Galicia,Redondela,Social
SOLICITUDE DE MEDIDAS CORRECTIVAS E COMPENSATORIAS POLOS IMPACTOS DA AUTOESTRADA AP-9, DA SUA AMPLIACIÓN e POLAS DEMAIS INFRAESTRUCTURAS QUE FRACTURAN a parroquia de Chapela, así mesmo inclúense algunhas PROPOSTAS PARA A REDACCIÓN DO PXOU.

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CHAPELA, por medio do presente escrito dirixido o SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE REDONDELA formula SOLICITUDE DE MEDIDAS CORRECTIVAS E COMPENSATORIAS POLOS IMPACTOS DA AUTOESTRADA AP-9, DA SUA AMPLIACIÓN e POLAS DEMAIS INFRAESTRUCTURAS QUE FRACTURAN a parroquia de Chapela, así mesmo inclúense algunhas PROPOSTAS PARA A REDACCIÓN DO PXOU.

En base os seguintes,

FEITOS

PRIMEIRO.- A ampliación da autoestrada supuxo a construcción de altos muros de contención de formigón de gran altura e de larga lonxitude (tamén existen taludes con amplas zonas totalmente formigonadas). Estes muros e taludes xeneran un gran impacto visual ó largo de toda a parroquia. Este feito, xunto coa ausencia de axardinamento, configuran un espazo urbán duro e de moi baixa calidade ambiental. Se cadra xa existían muros altos pola construcción inicial da autoestrada, tra-las obras de súa ampliación, a altura acadada polos mesmos é xa demasiado agresiva para os peóns; o que reduce a calidade de vida.

Apórtase como documento nº 1, fotografías dos muros e taludes referidos.

Esta situación é especialmente grave no camiño da Igrexa, que é un vial moi concurrido polos cidadáns de Chapela, xa que da acceso a varios elementos dotacionais da parroquia: o Instituto de Secundaria, a Igrexa, a oficina de correos e o multiusos (onde está o auditorio, a biblioteca e aulas).

O formigonado indiscriminado dos taludes e a construcción de altos muros de contención sen aplicar medidas correctivas como a instalación de pantallas vexetais e axardinamentos, denota que non se seguiron as técnicas e estratexias da “Guía de Estudos de impacto e Integración Paisaxística”1.

A solución definitiva a estos graves impactos sería o soterramento da autoestrada o seu paso pola zona da Igrexa, entre os puntos kilométricos 150 e 151. Dende hai anos solicítase a implantación desta medida. A ocultación eliminaría o impacto paisaxístico según a referida Guía, pero tamén a contaminación acústica e atmosférica nun dos centros urbáns da parroquia, xusto o lado do Centro de Saúde.

SEGUNDO.- A ausencia de axardinamento e espazos verdes ao longo das principais arterias de Chapela, na
Avda. de Redondela (N-552) e na Avda. de Vigo (PO-323), agravan o problema anterior.

A paisaxe urbana e rural incide de forma plena na calidade de vida dos cidadáns, tal e como establece o Convenio
Europeo da Paisaxe.

1 A “Guía de Estudos de impacto e Integración Paisaxística”, elaborada polaConsellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura, ofrece naspáxinas 72 a 81, algunhasestratexias e técnicas a seguir para minimizar o impacto paisaxístico das infraestructuras; (Técnicas como a naturalización, fusión, ocultación, mimetización).

Respecto das obras de humanización da Avda. de Vigo, consideramos moi positivo que no proxecto inclúase a plantación de árbores cada dez metros. Sen embargo, tendo en conta que esta travesía é especialmente monótona, longa, con edificacións altas, de baixa calidade estética e carente de espazos verdes (salvo a Alameda), entendemos que é necesario colocar máis axardinamento nas beirarúas. A modo de exemplo adxúntase, como documento nº 2, fotografías de xardineras nunha rúa estreita, que demostra que é posible aplicar axardinamento sen comprometer o tránsito peonil. No exemplo da foto corresponde a unha rúa moi transitada, na que os veciños están encantados de poder disfrutar dunha beirarúa máis amable. As humanizacións con verdadeiros axardinamentos melloran e dignifican os espazos públicos.

Tamén consideramos importante que a plantación de árbores non se limite o tramo que se está agora a humanizar e que, no sucesivo, se continúe co axardinamento e coa colocación de árbores no resto da Avda. de Vigo, dende as Catro Pontes ata a Encarnación.

Respecto da Avda. de Redondela, dado que ten máis anchura ca comarcal PO-323, ten máis posibilidades de axardinamento. Polo que solicítase que o Concello presione á administración titular desta vía para que a humanice e transforme de forma completa o que de feito é unha das rúas principais do outro centro urbán de Chapela, que rodea ao Centro de Saúde. Polo que os veciños sinten a necesidade de realizar unha humanización profunda desta avenida-estrada, mediante a colocación de:

– Alcorques con árbores e xardineras nas beirarúas. As árbores debería plantarse en todo o tramo da avenida que atravesa a parroquia, dende a zona do Pugariño ata a Encarnación.

– Medianeira axardinada, a lo menos no tramo máis urbán, como nos exemplos do documento nº 3.

TERCEIRO.- A contaminación acústica e do aire, derivada tanto do intenso tráfico da AP-9 como na PO-323 e na N-552, supón outro gran perxuicio para a gran densidade de poboación que ten a parroquia de Chapela. Respecto da contaminación acústica ainda non se instalou ningunha pantalla, nin artificial nin vexetal, a combinación de ambas á vez sería o máis desexable, para combatir ao mesmo tempo a contaminación pola polución xerada polo tránsito dos vehículos.

Dado que as medidas poden minorar os perxuicios para a saúde, pero non poden eliminalos, as administracións deben aplicar medidas de compensación, como a creación de novos espazos verdes e a mellora dos poucos espazos naturais existentes.

CUARTO.- Ademais do anterior hai dúas razóns máis que acrecentan a importancia da creación de amplos espazos verdes e a mellora dos poucos espazos naturais existentes:

– A configuración das rúas e a numerosa poboación, que vive “encaixada” en casas e edificios moi pegados entre sí e que ademais están a pé de rúa, sen lugares amplos e amables para a convivenza veciñal.

– A inexistencia dun gran parque público nesta zona (similar o da Riouxa en Teis), onde pasear e sentarse o aire libre entre árbores, facer deporte, con zona de xogos infantís, onde reunirse e facer actividades culturais, como se facía antes nas carballeiras e torreiros.

Aínda quedan catro “espazos verdes” entre a Avda. de Vigo e a de Redondela: debaixo do cemiterio (o redor do camiño da Viña e o camiño dos Cipreses); o redor do rego Maceiras; a ambos lados e o longo do camiño da Costa e por último ao redor das catro pontes. Polo que edificar completamente nestes espazos (sinalados cun círculo no documento nº
4), privaría as xeracións presentes e futuras duns espazos vitais para o esparcemento da poboación, que necesita xa de
parques públicos o redor das rúas e estradas densamente construidas. Á hora de diseñar o PXOM é preciso ter presente esta importante necesidade da cidadanía.

Estos espacios, ainda permanecen verdes pero están pechados ao público, o que supón unha magoa xa que ademais teñen unhas vistas privilexiadas á ría. Polo que é moi importante salvagardalos, xa que son os que lle dan personalidade á parroquia de Chapela. O seu acondicionamento para uso público melloraría de forma radical os barrios de Laredo e da Igrexa.

QUINTO.- A división en dous da parroquia pola AP-9 conlevou a limitación do espazo público ao redor da zona da Igrexa, que é o segundo centro urbán da parroquia. Como se indica no punto primeiro esta zona ten diversas dotacións públicas polo que é prioritario a rexeneración do camiño da Igrexa, o camiño do Piñeiral e o camiño da Oliveira. Para humanizar esta zona é preciso que o pouco espazo público que queda o redor das referidas dotacións se convirta nunha praza pública axardinada; Concretamente frente a Igrexa e tamén na intersección entre o camiño da Igrexa e o camiño do Piñeiral.

Dada a afluencia de público que existen cando se producen eventos nestas dotacións vese necesario habilitar aparcadoiros en lugares próximos. Sen embargo non sería razoable converter o pouco espazo público existente, na zona na que se reclama unha praza pública, nun aparcamento ó aire libre. Polo tanto, a adquisición polas admistracións dalgunha finca cercana para destinala a aparcadoiro é vital para o correcto desenvolvemento urbán.

Tamén é importante humanizar con axardinamento e pantallas vexetais na rúa Pasán, especialmente no entorno do lavadoiro e tamén no espazo que existe xusto antes da ponte. Ainda que sería importante compatibilizar o axardinamento coa apertura dun curto vial pegado a AP-9, que comunique directamente o camiño da igrexa coa Rúa Pasan, xa que a alternativa actual e dar un rodeo por unha zona moi estreita que dificulta moito a mobilidade da parroquia.

SEXTO.- Entre os barrios de Chapela existen grandes dificultades á mobilidade dende décadas. A parroquia está divida en varios trozos, o que se debe en gran parte a autoestrada, pero tamén a outras infraestructuras, como as dúas vías férreas e as estradas N-552 e PO-323. A comunicación entre os barrios altos, intermedios e baixos da parroquia está enormemente entorpecida por tales infraestructuras, que dan servizo non só a cidade de Vigo se non a toda a área de influencia. Sen embargo, Chapela non recibe ningunha contrapartida polo gran servizo que presta a todos os usuarios destas infraestructuras, procedentes de todas partes de Galicia. Nin sequera pode utilizala autoestrada en dirección Vigo e Sur e tampouco sair dela vindo dende o Sur (utilizando a circunvalación de Vigo). Polo que, tal situación de estrangulamento debe compensarse, coa habilitación de entradas e saídas (en torres de Padín e na zona da Fonte da Fraga, aproveitando o vial de obras construido, e logrando que os camións con destino ás industrias de Angorén teñan que sair en torres de Padín e pasar polo centro urban que rodea o centro de Saúde).

Pero tamén debe compensarse a parroquia coa creación de novos viais de conexión entre a Avda. de Redondela (N-552) e a Avda. de Vigo (PO-323), especialmente mediante a continuación do camiño da Pousadoura ata a Avda. de Vigo e a ampliación do camiño da Formiga no tramo máis baixo, xa preto das antigas vías, para conectar mellor coa Avda. de Vigo, a través do último tramo do camiño da Igrexa. Tamén considerase vital crear un novo vial entre o camiño dos Cipreses e o camiño da Viña, que desembocaría na parte baixa do camiño da Igrexa xa casi chegando a Avda. de Vigo (como se propón no documento nº 5); Este novo vial conectaría dunha forma directa os dous núcleos urbáns de Chapela.

Debido os estreitos viais que hai entre a Avda. de Vigo e a Avda. de Redondela os peóns sufren a incomodidade e a perigosidade de transitar por estas vías urbans: como a parte do camiño da Igrexa que baixa a avda. de Vigo, o camiño Formiga e o camiño Penisal. Estos tres viais que comunican de forma máis directa entre as dúas avenidas son tan estreitos que é indispensable acondicionar e dignificar os viais peonís que atravesan polas zonas verdes que quedan:

– Camiño da Viña: A súa posta en valor convertiría a este vial nunha vía de comunicación peonil estratéxica para a zona; xa que é o máis directo entre os dous centros urbáns: a zona da Igrexa e a zona máis céntrica da Avda. de Vigo. Este camiño goza de vistas á ría e contén elementos que lle dan encanto, como muros de pedra e unha viña antiga que marca o camiño, tal e como mostran as fotografías do documento nº 6.

– Camiño dos Cipreses ata camiño da Formiga: O igual que o anterior tamén ten elementos que lle dan encanto, como grandes pedras naturais nalgúns puntos, pero ademais ten un punto que é un miradoiro con impresionantes vistas á ría; como demostran as fotografías do documento nº 7.

– Camiño da Costa: Este camiño tamén ten valores paisaxísticos: vistas á ría, empedrado antigo e zonas verdes ó redor. Este camiño comunica coa avda. de Vigo, a través do camiño da Ponteseca. Tamén comunicaría a zona da Igrexa coa zona das catro pontes, tan só lle falta uns poucos metros para conectar as duas zonas de forma paralela a montaña e sen esforzo. A súa posta en valor convertiría a este vial noutra vía de comunicación peonil (dende a última vivenda) que sería estratéxica para a zona, pola sua comodidade (o ser horizontal) e pola sua beleza, polas vistas panorámicas á ría. Na zona verde da Devesa da Pousaodoura, tamén hai outros camiños que deberíasn naturalizarse e mellorarse, como o camiño da Correola e o camiño do Basaco; que funcionarían de camiños de acceso a un parque público, que correspondería realizar nesta zona con vistas á ría. Apórtanse fotografías ilustrativas como documento nº 8.

Estes tres camiños xa existen e só necesitan un bo acondicionamento: retirada de lixo, mellora da iluminación, rehabilitar o empedrado do chan, evitando o seu formigonado (ou polo menos aplicar formigón impreso que imite adoquinado ou empedrado).

Tamén é fundamental o axardinamento o redor do camiño e o manteñemento dos elementos que lle dan encanto e o seu carácter rústico: os muros de pedra, viñas que marcan o camiño e pedras grandes naturais; para que así non perdan o seu carácter e autenticidade; Que ademáis se conserven as vistas á ría dende estes camiños tamén é indispensable para manter a identidade da zona.

SEPTIMO.- Por outra banda tamén suporía unha gran mellora da calidade de vida dos veciños dotar á zona de sendeiros peonís que atravesen polos espazos naturais que quedan:

– Sendeiro paralelo ó río Maceiras, que comunicaría o camiño da Bruxa coa Avda. de Vigo. Atravesando o camiño da auga, a zona do colexio novo, atravesaría a autoestrada pola pasarela preto do centro de saude, pasaría polo lavadoiro de Pasán, polo muiño que hai no camiño da costa debaixo de Agro Pasán e chegaría ata o muiño con lavadoiro que hai preto das antigas vías do tren, para atravesalas e chegar a Avda. de Vigo, xusto no punto no que hai outro muiño máis. Como se aprecia no documento nº 9.

– Sendeiro paralelo ó río Pugariño, vistas á ría e muiños con acueductos impresionantes.

– Continuación do sendeiro paralelo ó río Fondón, dende o camiño da traida da auga (onde remata agora) ata
Angorén. Para así conectar a zona de Transmañó e Cidadelle coa zona de Angorén, por un camiño peonil e agradable.

– Sendeiro paralelo que comunique entre sí os catro novos espazos verdes que se propoñen crear no apartado cuarto deste escrito.

– Sendeiro por un tramo corto do rego do Penisal, co obxeto de que o camiño da Ameixeira (que parte da rúa Estación e finaliza no regato) teña continuidade e xenere así un acceso peonil, rápido e directo, ao I.E.S. de Chapela; Facilitando así o tránsito escolar, evitando que os mozos teñan que subir a costa completa do camiño do Penisal, rúa moi empinada e estreita e con bastante tráfico rodado, coa perigosidade que iso conleva para os mozos.

Esta rede de sendeiros convertirían o que hoxe son uns barrios azotados polo feísmo e intransitables (con vivendas excesivamente solapadas, gravemente desordenados e con rúas demasiado estreitas para tantos vehículos e habitantes), nun lugar amable e ben comunicado para os peóns.

O Acordo do Clima de París obriga ás administracións dos estados firmantes a tomar medidas, entre as que se encontran a realización dun deseño urbán que, ademais de facilitar a mobilidade peonil, motive a cidadanía a realizar máis desprazamentos a pé, cunha rede de sendeiros amenos, naturalizados e ben conectados.

OITAVO.- En resumo, a contaminación acústica, a contaminación atmosférica, o gran impacto paisaxístico dos muros da AP-9 e as dificultades á mobilidade, que sofre Chapela durante décadas polas numerosas infraestructuras que atravesan á parroquia, son razones de peso que xustifican a toma de medidas de corrección para minorar ó máximo as graves consecuencias das circunstancias relatadas. Pero tamén son necesarias medidas de compensación, xa que algunhas das consecuencias son inevitables e a parroquia sempre estará diseccionada por unha autoestrada.

Por todo o anterior,

SOLICITASE.-Que se teña por presentado este escrito, coas fotografías que se adxuntan, se tomen as medidas que se propoñen a continuación ou ben se presione políticamente as administracións competentes para a súa realización:

– Mentres non se realice o soterramento da AP-9 no tramo urbán, solicítase a creación de pantallas vexetais e axardinamento que oculte o impacto paisaxístico dos altos muros e taludes de contención da autoestrada.

– Axardinamento con árbores, arbustos e prantas nas beirarúas e zonas aledañas a autoestrada; especialmente no camiño da Igrexa, camiño do Piñeiral, camiño da Oliveira, camiño Mouriño, rúa Pasan.

– Creación de prazas públicas axardinadas (concretamente na intersección entre o camiño da Igrexa e o camiño do Piñeiral, na zona frente a Igrexa, no lavadoiro de Pasan e na zona preto da ponte da rúa Pasan).

– Adquisición de parcelas para a habilitación de zonas de aparcamento preto dos espazos públicos con dotacións. Sen limitar así os novos espazos verdes e prazas públicas que se solicitan crear.

– Instalación dunha estreita medianeira axardinada no medio da estrada da Avda. de Redondela; a lo menos no tramo máis urbán entre o instituto de secundaria e a rotonda que está preto do centro de saúde. Ademais do seu valor estético, permitiría os peóns cruzar con máis seguridade a estrada, o poder resguardarse no tramo intermedio do paso peonil, no punto onde estaría a medianeira axardinada.

– Instalación de lombos nos pasos de cebra das dúas avenidas: Avda. Redondela e Avda. de Vigo.

– Rexeneración dos espazos naturais da parroquia: as ribeiras do rego Maceiras, do rego que baixa paralelo ó camiño penisal, e especialmente dos regos do Pugariño e o Fondón, que son zonas a protexer “polo seu valor ecolóxico”, tal e como sinala o Plan de Ordenación do Litoral (POL). Esta medida corresponde tomala en calquera caso, pero convértese nunha prioridade o ser unha medida compensatoria debido a contaminación do aire, derivada do intenso tráfico da AP-9 e as outras estradas que saturan a vida urbán dos habitantes de Chapela.

– Creación de novos espazos verdes públicos: debaixo do cemiterio, nos arredores do rego Maceiras, na debesa da Pousadoura e na zona das catro pontes. Tamén se propón a realización dun sendeiro paralelo que comunique estos novos espazos verdes entre sí, para vertebrar unha Chapela ben conectada e amable cos viandantes.

– Creación de novos viais de conexión entre a Avda. de Redondela (N-552) e a Avda. de Vigo (PO-323): continuación do camiño da Pousadoura ata a Avda. de Vigo (no lugar das catro pontes), continuación do camiño do Acivro ata o camiño da Formiga. Ampliación do camiño da Formiga no seu último tramo. Novo vial entre o camiño dos Cipreses e o camiño da Viña que desemboque na parte baixa do camiño da Igrexa. Ampliación para crear un acceso rodado para as duas últimas vivendas do Camiño da Costa. Creación de acceso para duas vivendas na zona da Pousadoira. Creación de saída da autoestrada na zona da fonte da Fraga. (ver documento nº 4.2, documento nº 4.3 y documento nº 5).

– Creación dunha rede de sendeiros peonís que comuniquen as partes altas, intermedias e baixas da parroquia, polos poucos espacios verdes que quedan na parroquia: (ver documento nº 4, plano nº 2)

a) Acondicionamento do camiño da Costa, mediante a retirada de lixo, mellora do alumeado, a recuperación do empedrado (que o configura como camiño tradicional) e limpeza de maleza para voltar a conectalo co camiño da Ponteseca, neste último tramo é necesario a reposición dun tramo de escaleiras e unha barandilla. Tamén é esencial conectar o cño. da Costa co camiño da Pousadoura.

b) Acondicionamento do camiño da Viña e dos Cipreses. mediante a retirada de lixo, mellora do alumeado, a recuperación do empedrado, axardinamento.

c) Sendeiros paralelos ós ríos da zona (Maceiras, Fondón e Pugariño). Nestes regatos existen frondosas autóctonas e muiños que se encontran deteriorados polo lixo e o abandono, pero que teñen valores naturais, etnográficos e paisaxísticos, que merecen ser conservados e recuperados para o disfrute da cidadanía.

d) Sendeiro paralelo que comunique as catro zonas verdes que se propoñen no punto cuarto deste escrito; para lograr unha conectividade peonil horizontal da parroquia.

– Integración dos valores etnográficos na trama urbana, posta en valor dos muiños como un elemento peculiar que de personalidade e beleza á trama urbán de Chapela. Existen varios muiños dentro das zonas urbans; por exemplo no río Maceiras xa hai tres (un no cruce co camiño da Costa, outro xunto a un lavadeiro preto das antigas vías do tren e outro muiño xusto ó lado da Avda. de Vigo). Tamén o carón do río Fondon, no camiño Real de Angorén, hai outro muiño na trama urbana.

Por último, solicítase que se teñan en conta as referidas necesidades da parroquia na redacción do PXOU e se de traslado deste escrito á empresa encargada da súa redacción. Asi mesmo solicítase unha reunión coa empresa para explicar mellor as razóns e as importantes ventaxas destas solicitudes.