Solicitudes de servizo de comedor escolar e material escolar para educación infantil para o curso 2019-2020

DIRIXIDO: A DPTO DE DIRECCIÓN DOS CEIP CHANO PIÑEIRO, XOSE NEIRA VILAS, SERRA VINCIOS, SOUTO DONAS E CRA DO CONCELLO DE GONDOMAR
Publicado por o día 08/05/2019 na sección de Galicia,Gondomar

Solicitudes de servizo de comedor escolar e material escolar para educación infantil para o curso 2019-2020

Dende o Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, comunícase a apertura do prazo de presentación de solicituder do SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR e MATERIAL ESCOLAR INFANTIL (Para situacións de emerxencia Social), correspondentes ao vindeiro curso 2019-2020.

Todas aquelas familias interesadas poden presentar a solicitude dende o próximo día 13 de maio ata 21 de xuño, ambos inclusive, sendo este o prazo estipulado ao que se terán que acoller os interesados para optar á praza de comedor escolar e as axudas de emerxencia social de acordo coa Ordenanza Municipal de Emerxencia Social, aceptando fora de prazo sóa aqueles casos por causas debidamente xustificadas (cambios de domicilio, traslado de expediente, situacións de emerxencia etc..)

O LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será no Departamento de Benestar Social, Casa da Cultura pranta baixa. TFno.: 986360168

email: ssocial@concellodegondomar.com

Comentar noticia

Your email address will not be published.