Solidaridade con David e Paco, despedidos de PSA Peugeot Citroën

Publicado por o día 02/07/2014 na sección de Vigo

Solidaridade con David e Paco, despedidos de PSA Peugeot Citroën
O Partido Comunista de Galicia (PCG) expresa a súa solidariedade con David e Paco, despedidos de Citroën e denuncia públicamente a presión enfermiza sobre os traballadores que se está a exercer pola empresa Citroën de Vigo.
Denunciamos os ritmos de traballo brutais, os traslados de posto arbitrarios, as discriminacións ofensivas, as sancións e despedimentos atemorizantes.
Son coñecidas por todas/os as prácticas caciquis de Citroën, baixo o amparo dunha maioria no comité de dudoso “compromiso sindical” cas/os traballadoras/es da planta.
A pesares de existir resolucións de Inspeccion de Traballo, o resultado déstas somentes roza a superficie da realidade da problemática laboral nesta empresa. É que, parece que o poder que ten esta empresa sobre os entes públicos capaces de incidir, non é pouca senon máis ben todo o contrario.
O que pasa en Citroën de Vigo non escapa tampouco de ser consecuencia das sucesivas reformas laborais aplicadas en España polo PSOE e PP ó logo dos seus mandatos.
Reformas dirixidas a facilitar a explotación da clase obreira polo capital e dirixidas a desarmar a capacidade de resistencia obreira.
Por si con isto non chegara, un paro obreiro de 6 millóns de persoas – con 2 millóns sen calquera prestación por desemprego, con máis do 55% da xuventude no paro- facilita ás políticas de amedrentamento no interior nos centros de traballo, polos capataces de
turno.
Esta situación económica está planificada polos grandes capitalistas, sendo executada no estado pola Troika (FMI, BCE e Comisión Europea), coa obediente e interesada colaboración dos seus partidos cómplices (PP, PSOE, UPyD e nacionalistas afíns).
¡Pola loita obreira unitaria!
PRENSA P. COMUNISTA GALICIA