Solidariedade coa Federación de Asociacións Veciñais

Publicado por o día 16/01/2014 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Solidariedade coa Federación de Asociacións Veciñais

  O partido galeguista Compromiso por Galicia de Vigo quere facer pública a súa solidariedade coa Federación de Asociacións Veciñais “Eduadro Chao” de Vigo en relación coa situación creada na súa viabilidade futura ao non recibir os importes dos convenios asinados co Concello de Vigo.

CxG considera que é evidente que as trabas impostas polo Concello de Vigo corresponden a decisións políticas encamiñadas a boicotear á propia Federación e aos seus dirixentes, tentando ao mesmo tempo dividir ao Movemento veciñal vigués primando e mimando a determinadas Asociacións Veciñais individualmente para soslallar a unidade da Favec, e lograr deste xeito a súa desaparición definitiva ou desactivación, sen respectar que os seus dirixentes actuais foron lexitimamente elexidos pola maioría do movemento veciñal vigués e non deben pleitesía a nengún cargo político.

A actuación neste caso do Concello de Vigo queda moi lonxe do que debe ser unha boa xestión política dun partido que dí representar valores progresistas e democráticos – recalca CXG.

Dende Compromiso por Galicia reclaman un cambio de actitude do Concello de Vigo, especialmente dende a Alcaldía e dende a Concellaría de Participación Veciñal e que a relación coa Favec non veña imposta pola intención de boicot aos seus actuais dirixentes e si pola igualdade de trato co resto de asociacións de Vigo.

PRENSA CXG VIGO