Solidariedade con Palestina

Publicado por o día 15/07/2014 na sección de Vigo

Solidariedade con Palestina

O PCG CONDENA A NOVA CAMPAÑA MILITAR CONTRA O POBO PALESTINO

O Partido Comunista da comarca de Vigo condena os crimes de lesa humanidade cometidos polo estado israelí que mantén os ataques en territorios palestinos dentro da campaña “Marxe Protector” causando polo menos 189 persoas mortas -na súa maioría civís e entre eles máis de 30 nenos e nenas- máis de 1.000 persoas feridas, 1.200 fogares destruidos, 400.000 persoas sen electricidade e case 5.000 persoas desprazadas.

O Partido Comunista da comarca de Vigo denuncia esta campaña militar, iniciada baixo a escusa do asasinato de 3 mozos israelís, cuxo principal obxectivo é a ruptura da unidade do principais partidos palestinos formalizada no pacto entre Hamas, a OLP e Al fatah o pasado 2 de Xuño. A inacción internacional auspiciada polo imperialismo norteamericano e a covardía doutros tantos gobernos que seguen acalando as voces do pobo palestino sostén a impunidade baixo a cal o estado de Israel actúa de xeito excesivo e premeditado e mantén deste modo o derramamento de sangue nos territorios palestinos.

A campaña “Marxe Protectora” iniciada a principios do mes de Xullo únese ás continuas vulneracións de dereitos humanos e do dereito internacional por parte do estado israelí dentro da súa estratexia de ocupación dos territorios palestinos mediante a construción do muro da vergoña -con preto de 700 quilómetros de lonxitude-, os continuos controis de seguridade que dificultan a normalidade diaria da poboación palestina, as restricións no abastecemento de auga e electricidade que condiciona a calidade de vida da franxa de Gaza e Cisxordania ou as restricións no acceso de materiais de construción entre outras.

PRENSA PCG