Solidariedade internacionalista de Galiza condena actos terroristas en Venezuela | Comunicado

Publicado por o día 29/06/2017 na sección de Política,Social

Solidariedade internacionalista de Galiza condena actos terroristas en Venezuela | Comunicado

As organizacións internacionalistas de solidariedade galegas que apoian ao goberno da República Bolivariana de Venezuela, condenamos enerxicamente os actos terroristas que se produciron onte martes 27 de xuño, na capital do país, contra das sedes do Tribunal Supremo de Xustiza, máximo órgano xudicial da nación, e do Ministerio do Poder Popular para as Relacións Interiores, Xustiza e Paz.

Sostemos que accións coma estas evidentemente violan a constitución e as leis venezolanas e están dirixidas a sabotear a realización da Asemblea Nacional Constituínte, que foi convocada polo Presidente Nicolás Maduro Moros e cuxa elección está prevista para o 30 de xullo próximo.

Facemos votos polo Pobo e Goberno venezolano para lograr unha contundente vitoria contra desta nova arremetida terrorista da dereita venezuelana, que  enchida de odio, intolerancia e ambición de poder, abertamente atenta contra da democracia bolivariana.

Dende Galiza, ratificamos  o noso  rotundo apoio a Nicolás Maduro Moros, presidente constitucional, quen con valentía enfronta os diversos atentados contra da estabilidade e paz de Venezuela.

Galiza en pé de solidariedade con Venezuela!

Viva a Patria de Bolívar!

Viva Venezuela Bolivariana!

Asinan:

Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, ANOVA-Irmandade Galega, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Central Unitaria de Traballadores(CUT), Confederación Intersindical Galega (CIG), Colectivo Nacionalista de Marín, ERGUER- Estudantes da Galiza, Esquerda Unida (EU), Frente Popular Galega (FPG), ISCA!- Xuventude Galega, Mar de Lumes, Movemento Galego ao Socialismo, Partido Comunista de Galiza (PCG), Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG)