‘Solpores do museo’ arrinca mañá no museo do Mar de Galicia tras esgotar en día e medio as 1.800 entradas dos seis concertos

Baiuca e Presumido serán os encargados de poñerlle sintonía ao solpor deste mércores na primeira das seis citas musicais programadas ata finais de agosto
Publicado por o día 23/07/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

‘Solpores do museo’ arrinca mañá no museo do Mar de Galicia tras esgotar en día e medio as 1.800 entradas dos seis concertos

Solpores do Museo, o novo ciclo de concertos que traerá a Vigo unha ducia de artistas nacionais e locais de renome ao Museo do Mar de Galicia, arranca mañá tras esgotar en día e medio as 1.800 entradas dos seis concertos.

O ciclo consta de seis citas musicais que se celebrarán de balde durante este verán, sendo Baiuca e Presumido os encargados de poñerlle sintonía ao solpor deste mércores na primeira das seis citas programadas ata finais de agosto. Completan o cartel artistas de renome a nivel nacional e galego como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente ou Xosé Manuel Budiño, que estarán acompañados de músicos vigueses como Amaro Ferreiro, Moon Cresta ou Bliusvai.

Neste senso, a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, non quixo perder a oportunidade de pór en valor o “éxito rotundo” do proxecto que, dixo, “nace coa vontade de poñer en valor o traballo de artistas locais, tanto emerxentes como consagrados, a través dunha programación de concertos transversal”. “Contamos co mellor escenario posible, no que se ofrece a posibilidade de escoitar a mellor música contemplando o solpor da Ría de Vigo”, aseverou respecto ao Museo do Mar de Galicia, e tras destacar o potencial da escena musical viguesa.

Tras a apertura de mañá, a segunda xornada celebrarase o xoves 1 de agosto e terá como protagonistas a Amaro Ferreiro e Villanueva.

O 8 de agosto actuarán o grupo vigués Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers, mentres que o 15 de agosto será a quenda de Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño. Xa o xoves 22 de agosto terá lugar a actuación de Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco, mentres que o vindeiro 29 de agosto celebraranse as últimas actuacións do ciclo a cargo de Zenet e Bliusvai.

Todos os concertos terán lugar na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia, un emprazamento emblemático en plena ría de Vigo e polo que discorre o Camiño de Santiago. As actuacións comezarán ás 20,30 h.

En outono, ‘Vigo Emerxe’

Por outra banda, o Goberno galego, tal e como avanzou a pasada semana o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentará o vindeiro outono Vigo Emerxe, un encontro musical protagonizado por grupos locais emerxentes que rememorará os tempos da movida viguesa. Unha proposta que, ao igual que os Solpores do Museo demostra o compromiso da Xunta coa cidade olívica e coa mellora da súa oferta cultural e turística.

Una respuesta para "‘Solpores do museo’ arrinca mañá no museo do Mar de Galicia tras esgotar en día e medio as 1.800 entradas dos seis concertos"

  1. Gamela   24/07/2019 at 1:41

    alguén me pode explicar cómo se poden pillar entradas de balde antes de que aparezan as noticias de que todas están esgotadas ?

    son entradas para espabilados ou é que a información destes eventos é totalmente restrinxida ?

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.