“Somos Ponte Caldelas” propón a Chano Piñeiro como fillo adoptivo de Ponte Caldelas e que se adique unha rúa a Suso Vaamonde

Coincidindo co 23 cabodano, esta asociación cultural fai público unha serie de actividades que terán como obxectivo promover a homenaxe do cineasta galego e tamén do cantautor pontecaldelán.
Por o 23/03/2018 | Sección: Galicia,Ponte Caldelas
“Somos Ponte Caldelas” propón a Chano Piñeiro como fillo adoptivo de Ponte Caldelas e que se adique unha rúa a Suso Vaamonde

“SOMOS PONTE CALDELAS” propón ao Concello de Ponte Caldelas o inicio dun expediente que finalice co nomeamento como Fillo Adoptivo do cineasta galego Chano Piñeiro debido aos lazos que o vencellan a este municipio e que marcaron tanto a súa infancia e adolescencia así como a súa capacidade creativa. Este anuncio fanno precisamente cando se cumpre onte 21 de marzo, o 23 cabodano do seu pasamento.

Asemade, SOMOS PONTE CALDELAS solicitará que a Centro Cultural pase a denominarse “CASA DE CULTURA CHANO PIÑEIRO” por parte dun acordo da Corporación Municipal e pedirán tamén que o cantautor Suso Vaamonde reciba o recoñecemento debido por parte deste Concello coa imposición do seu nome a unha das rúas do centro que carecen de denominación efectiva.

SOMOS PONTE CALDELAS pretende acompañar estas reivindicacións cunha mostra fotográfica na Sala de  Exposicións do Centro Cultural que recolla os momentos máis significativos da vida do cineasta galego pioneiro como director do mundo do celuloide en Galicia con películas como “Mamasuncion” ou “Sempre Xonxa”, entre outras.

Tamén completarán a reivindicación destes dous personaxes do mundo da cultura pontecaldelá cun festival musical no que participen grupos e solistas da música galega que rendirán homenaxe a Suso Vaamonde, un home ligado a Regodobargo, lugar onde disfrutou da súa infancia e onde foron esparcidas as súas cinzas despois do seu falecemento e incineración.

EXPOSICIÓN NO INSTITUTO SOBRE IGUALDADE, FESTA DOS MAIOS E UNHA XORNADA DO VOLUNTARIADO O 9 DE XUÑO

Outras actividades que están preparando os membros de SOMOS PONTE CALDELAS son unha exposición no Instituto de Ponte Caldelas sobre igualdade, que se desenvolverá entre o 3 e o 13 de abril, para traballar entre a mocidade valores non sexistas e denunciar calquera tipo de violencia machista a través da relación e o comportamento habitual entre mozos e mozas.

Outra actividade será a celebración da Festa dos Maios, o vindeiro 1 de maio na Alameda de Ponte Caldelas, onde participarán con coplas e maios tradicionais agrupacións representantes do mundo veciñal, parroquial e educativo.

Por outra banda, xa está confirmada a data do sábado 9 de xuño para celebrar a I Xornada do Voluntariado onde terá lugar tamén a presentación en Galicia, na Alameda de Ponte Caldelas, da ONG Sonrisas adicada a axudar a nenos e nenas hospitalizados en centro sanitarios de toda España.

Esta xornada do voluntariado espera poder contar coas principais ONGs que se adican a labores de socorro e intervención humanitaria así como as forzas e corpos de seguridade do Estado, Protección Civil e unidades da BRILAT en Pontevedra que farán demostración dos equipos de comunicacións e de intervención humanitaria en conflictos internacionais onde España está desenrolando un labor asistencial importante. Tamén intervirán cans adestrados e unha exhibición de aves rapaces, así como material, vehículos e demais elementos que acompañan aos profesionais da seguridade.