Son Galego. Son Cubano, Roi Casal, Amantes da terra e Manoele de Felisa concertos desta semana na provincia da man de MUSIGAL 2020

Co programa da Deputación Roi Casal estará o venres en Sanxenxo, Son galego, son cubano o sábado no Grove, e o domingo Manoele de Felisa actuará en Covelo e Amantes da Terra en Moraña
Publicado por o día 21/07/2020 na sección de Cultura,Deputación de Pontevedra

Son Galego. Son Cubano, Roi Casal, Amantes da terra e Manoele de Felisa concertos desta semana na provincia da man de MUSIGAL 2020

Musigal, o programa cultural da Deputación de Pontevedra, continúa espallando esta semana a música por toda a xeografía da provincia de Pontevedra con catro novos concertos. As actuacións comezarán en Sanxenxo este próximo venres 24, cando ás 22.00 horas “Roi Casal” se suba ao escenario situado na Praza dos Barcos. Xa o sábado 25 “Son galego, son cubano” actuará na Praza do Corgo do Grove ás 21:30 horas.

Para o domingo 26 están programados dous concertos máis. A explanada ao carón do multiusos de Moraña bailará a ritmo de “Amantes da Terra” a partir das 22.00 horas, e á mesma hora “Manoele de Felisa” interpretará os seus temas na Praza do Concello de Covelo.

O programa Musigal da Deputación de Pontevedra ten como obxectivo favorecer a programación artística por parte dos concellos da provincia e está dirixido especificamente aos grupos e artistas profesionais de música, amais de fomentar o uso social da música en galego e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

A institución provincial ten pechados ata agora máis de 40 concertos. Amais dos xa celebrados en Tomiño, Bueu, Gondomar, Meaño e Poio e dos que se celebran esta semana en Sanxenxo, O Grove, Moraña e Covelo, Musigal tamén ten programados concertos en Silleda, Lalín e Rodeiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.