Sor Lucía Caram sumouse á loita na rotonda de Coia

Publicado por o día 21/03/2015 na sección de Vigo

Sor Lucía Caram sumouse á loita na rotonda de Coia

Ao redor de 50 persoas concentráronse esta maña unha vez máis nas inmediacións da rotonda de Coia. Pero hoxe contamos cunha compañeira novidosa, á da mediática monxa de clausura Sor Lucia Caram que acompañounos nesta reivindicación.

A veciñanza xunto con Sor Lucía demos unha simbólica volta á rotonda que rematou dentro da mesma, deixando claro que continuaremos a nosa loita polos dereitos sociais. Coma ven sendo habitual estivemos acompañadas por unha forte presenza de axentes da policía local, que levan desde case o inicio da resistencia veciñal con 24 horas de vixilancia na rotonda.

Sor Lucía apuntou, na propia rotonda, que as mobilizacións en contra do malgasto de cartos que supón chantar un barco nesta rotonda son un símbolo da denuncia das insuficientes políticas sociais, exemplo en definitiva da resistencia de moita xente que sofren este sistema que oprime e empobrece a cada día máis persoas en barrio como o de Coia.