Sorprenden a dous veciños de Vigo mariscando ilegalmente na praia de Bouzas

A Guardia Civil de Vigo sorprende a dous veciños de Vigo mariscando ilegalmente na praia de Bouzas, onde se facían pasar por bañistas, e intervénlles 7 quilos de ameixas que esconderan entre as rocas.
Publicado por o día 15/07/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Sorprenden a dous veciños de Vigo mariscando ilegalmente na praia de Bouzas

A Garda Civil sorprendeu este domingo a tres veciños de Vigo que estaban  marisqueando ilegalmente, facéndose pasar por bañistas na praia de Bouzas.

Os feitos, segundo informa a Comandancia nun comunicado, sucederon no marco dun dispositivo que tiña establecido o destacamento fiscal do Porto de Vigo, en colaboración co Servizo de Guardapesca da Xunta de Galicia, para erradicar o marisqueo furtivo que viña observando ultimamente nas zonas de praia próximas ao Porto. Sobre as 15:30 horas o dispositivo de vixilancia detectou a presenza de tres persoas sospeitosas entre os bañistas que, ao ser observadas con detemento, púidose comprobar que se dedicaban á captura de ameixa que ían gardando nos petos da roupa de baño.

Tamén se puido observar que cando enchían os petos almacenábana nun punto da praia, fóra do alcance da vista do resto dos bañistas. Ao ser interceptados procedeuse ás súas identificacións comprobando que se trataba de tres veciños de Vigo, en idades comprendidas entre os 40 anos.

Os tres carecían de antecedentes relacionados co marisqueo furtivo. Interviñéronselles escondidos entre as rocas sete quilos de ameixa “fina” e “negra” que foron devoltas á auga e á vez formuláronselles senllas denuncias administrativas por carecer da preceptiva licenza para esta actividade e ademais facelo nunha zona prohibida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.