Sorprendido mentres roubaba no Centro Cultural de Valladares

Publicado por o día 18/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Sorprendido mentres roubaba no Centro Cultural de Valladares

Un home de 48 anos e veciño da parroquia viguesa de Valladares, fué arrestado por unha dotación desta policía mentres roubaba no centro cultural onde reside. Unha chamada da central de alarmas puxo en aviso do 092 da presenza dunha persoa no interior da citada entidade. Cando unha patrulla chega ao lugar observa a porta de acceso forzada localizando no seu interior a un home que se ocultaba detrás dunha porta da cociña.
 
Ás 01:18 horas do día de onte, a Central de Alarmas poñíase en contacto coa Sala Operativa do 092 para advertir da presenza dun home no Centro Cultural de Valladares, observando os movementos do intruso a través das cámaras de vixilancia. Aos poucos minutos, varias dotacións de Seguridade Cidadá, adscritas ao Grupo Operativo de Apoio, GOA, chegan ao lugar e constatan como a porta de acceso está forzada. Accedendo ao seu interior a través da citada entrada, efectúan unha revisión por todas as estancias localizando a un home que se ocultaba detrás da porta da cociña, quen, ao verse descuberto, arroxa ao chan unhas luvas e varias moedas. Durante o cacheo que lle realizaron os axentes, localizáronse catro desaparafusadores de diferentes puntas, unha tenaza e unha chave inglesa. En canto ás moedas das que se había desprendio, o seu importe ascende a un total de 9,50€.
 
Por todo iso, procédese á detención do suxeito e que resultou ser un home de 48 de nacinalidad Española, identificado como T. F. G. a quen se lle acusa dun presunto Delito de Roubo con forza nas cousas. A presidenta do referido centro cultural acudiuse no lugar, sendo informada dos pasos para seguir para denunciar o ocorrido.