SOS Meixoeiro irrompe na instalación da pista de neve artificial

Publicado por o día 03/01/2017 na sección de Plataforma SOS Meixoeiro,Social,Vigo

SOS Meixoeiro irrompe na instalación da pista de neve artificial

Nestes días os profesionais e as profesionais da área sanitaria de Vigo recibiron un correo electrónico no que rezaba:

Asunto: Camión de neve no CHUVI

A xerencia de EOXI promove unha activade lúdica para os fillos dos traballadores. Haberá un camión de neve para que os nenos xoguen con ela.
No Hospital Meixoeiro mañá dia 3 de xaneiro, a partir das 16 horas: A neve se esparcerase na explanada do aparcadoiro próximo á entrada de Galaria.
No Hospital Álvaro Cunqueiro, o mércores dia 4 de xaneiro, a partir das 16horas: A neve se esparcerase na explanada da entrada principal do Hospital.
Recoméndase traer calzado apropiado para a auga, así como unha muda de calcetíns e guantes.
Este correo foi difundido polas redes sociais facéndoo trendy en todo o dia de onte e no día de hoxe.

Ante este correo a plataforma sociosanitaria SOS Meixoeiro presentouse á instalación do dito camión no Hospital Meixoeiro nunha concentración protesta, fartos e irritados de que o xerente non faga caso aos profesionais os cales levan solicitando desde fai mais de dous anos máis recursos os cales a área sanitaria de Vigo carece, mentres tanto o xerente da area sanitaria de Vigo estaba no transcurso da instalación de dita pista de neve co semblante serio e impasibel ao que os traballadores ali presentes estaban a reclamar.

Captura do Correo

A pista de neve

O xerente do CHUVI