SOS Meixoeiro volveu facer historia e desta vez en forma de romaría grazas a vos

304 persoas contadas pola Plataforma Sos Meixoeiro marcharon cara o Hospital Álvaro Cunqueiro
Publicado por o día 06/08/2016 na sección de Plataforma SOS Meixoeiro,Protestas,Sanidad,Vigo

SOS Meixoeiro volveu facer historia e desta vez en forma de romaría grazas a vos

No día de onte dábanse concentración nas portas do Hospital Meixoeiro varias centos de persoas para partir desde el e co fin no outro Hospital da cidade, a cifra concreta desta romaría foron 304 persoas contadas pola Plataforma Sos Meixoeiro, a romaría pola sanidade pública e de calidade como foi así bautizada arrincaba ás 19:30horas baixo unha calor considerable, o inicio previsto era ás 19horas.

A ruta constaba de sete kilómetros entre o Meixoeiro e o Álvaro Cunqueiro para reclamar a revitalización do primeiro e o rescate da concesión do segundo.

Esta romaría pola sanidade pública e de calidade foi organizada pola Plataforma SOS Meixoeiro, romaría que conclúiu na porta de urxencias onde se berraron as consignas mais populares neste último ano “Que se vallan se vallan se vallan que se vallan de una puta vez!” “Sanidade Publica, Sanidade Publica!” e logo dos berros unha merenda na contorna do Álvaro Cunqueiro.

Desde a plataforma din que superaron suas expectativas neste evento e deu as grazas aos asistentes á dita romaría a cal non será a última acción senón haberá moitas máis ate que a area sanitaria de Vigo conte con dous Hospitais Públicos.

Fotos de alguns dos momentos, mais na nosa conta facebook

Ultimate_HDR_Camera_20160805_194649 IMG_8944 IMG_8967 Ultimate_HDR_Camera_20160805_201033 IMG_8979 IMG_8981 IMG_9024 IMG_9067 IMG_9095