Star Girls, Rumanems e Camel Team, campións do 6º torneo 3×3 do C. B. Seis do Nadal – Coia

Publicado por o día 21/08/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

Star Girls, Rumanems e Camel Team, campións do 6º torneo 3×3 do C. B. Seis do Nadal – Coia

O club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizaou os pasados días 19 e 20 de agosto do 2016 a Sexta Edición do seu Torneo de Baloncesto 3×3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal no barrio de Coia, pistas que levan en todo o mes de agosto sendo o escenario dos primeiros adestramentos da tempada dun gran número de equipos da entidade viguesa.

Esta nova edición do torneo contou cun total de 39 equipos inscritos (4 equipos de minibásquet, 12 equipos de categoría infantil/cadete e 23 de categoría júnior/sénior). Na tarde do venres día 19 de agosto do 2016 saltaron á pista os equipos de categoría minibásquet, infantil e cadete; sendo na xornada do sábado 20 de agosto o turno da competición de categoría júnior e sénior.

CATEGORIA INFANTIL CADETE - CAMPION - RUMANEMS

Máis de 200 xogadores e xogadoras participaron no Torneo 3×3 do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Cazacanastas, Another Salchichón, Los Chuflas, Los Currys, Divas, Centolos, Maccabi de Levantar, Los Fantásticos de Coia, Satanás Boys e Denver a Verme, foron o nome dalgúns dos combinados que participaron no torneo.

Despois da disputa dos preto de 100 partidos os conxuntos campións desta sexta edición foron Star Girls en categoría minibásquet,Rumanems en categoría infantil/cadete; e o conxunto Camel Team en categoría júnior/sénior. Os equipos subcampións das tres categorías foron Lady Jordans, Los Chuflas e Los Ángeles de Charlie, respectivamente.

CATEGORIA MINIBASQUET - CAMPION - STAR GIRLS

Esta nova edición do torneo tamén contou, por ver primeira, cun Premio ao Mellor Xogador do evento, que despois da final foi concedido a Jorge Fdez. García Garabal, integrante do equipo Camel Team.

CATEGORIA JUNIOR SENIOR - MVP - JORGE GARCIA GARABAL