Stop Desafiuzamentos convoca concentración para esixir a parlización dun desafiuzamento

Nota de prensa de Stop Desafiuzamentos Coruña
Publicado por o día 19/01/2017 na sección de A Coruña,Galicia,Vigo

Stop Desafiuzamentos convoca concentración para esixir a parlización dun desafiuzamento

Fátima tiña a súa vida solucionada. Unha familia que a coidaba, un negocio próspero… pero enamorouse e deixouno todo: o seu país, a súa tenda; e veu a España namorada do que hoxe se comporta como o seu maior inimigo. Casáronse e fóronse a vivir a Betanzos cos sogros.

As cousas tornáronse e a convivencia co seu marido complicouse. Naceu a súa filla, pero non mellorou a cousa. O medo e a impotencia obrigárona ,na Noiteboa do 2009, a coller á súa filla e saír correndo do domicilio familiar. Viviron varios días agochadas nun coche ata que un veciño informou da situación a Dona Rosa, a súa sogra e avoa da súa filla. Esta muller de ben, dacordo co seu marido e a escondidas do seu fillo, fíxolles chegar as chaves dun piso en Miño do que eran propietarios. A situación formalizouse cando, por motivos de empadroamento, Dona Rosa, novamente a escondidas do seu fillo, asinoulle unha autorización para ocupar a vivenda da que agora parece querer botala.

A vida continuou, Fátima divorciouse do seu marido para formalizala súa situación e poder optar a axudas sociais que completaran a súa renda. Cumpriu coas súas obrigacións, cousa que non sempre fixo o seu exmarido, respetando o réxime de visitas da súa filla e esforzándose por sacala adiante.

En 2014, en plena crise, cando máis lle estaba custando saír adiante, é demandada polo seu sogro por okupalo piso. Ela non o culpou, pois pensa que non era él o que decidía na súa casa. De feito, ese home morreu e a demanda continúa agora a cargo da súa nonaxenaria e impedida muller (si, a sogra de Fátima, a mesma boa muller que lle autorizara), á que seu fillo personaliza, por autorización notarial, no proceso xudicial.

O proceso continúa, pero, de momento, está prevista a execución provisional dunha sentencia, pendente de recurso de apelación e un posible recurso de casación. Si, compañeiros, o xuzgado desafiuza a unha muller e á súa filla menor, que non teñen onde ir, cunha sentencia que non é firme. Pode que non suceda. Esperemos que non suceda… está en mans dos xuíces, pero nós temos que estar preparados para o que poida acontecer o día 25 de Xaneiro.

Polo momento, posto que Fátima ten moito que reprocharlle ó seu exmarido, e porque nos apatece sacarlle as cores a certa personaxe de Betanzos, temos previsto organizar alí unha concentración, mañá venres 20 de xaneiro, ás 12 horas, na rúa do Mercado 5 de Miño.