Stop Desafiuzamentos A Coruña acudirá ó pleno para esixir a aprobación da moción sobre desafiuzamentos e protocolo de actuación

Publicado por o día 08/04/2017 na sección de A Coruña,Galicia,Vigo

Stop Desafiuzamentos A Coruña acudirá ó pleno para esixir a aprobación da moción sobre desafiuzamentos e protocolo de actuación
Stop Desafiuzamentos A Coruña acudiremos ó Pleno do luns 10 de abril ás 16:30 horas, para esixir a aprobación da nosa moción sobre os desafiuzamentos e o protocolo de actuación anti-desafiuzamentos.
A moción foi presentada o pasado 17 de marzo ós 4 partidos políticos con representación no Concello de A Coruña e a día de hoxe todavía ningún deles amosounos o seu apoio. Desexamos que o vindeiro luns tódolos partidos voten a favor de tan necesarias propostas.