Subvencións de Participación Cidadá para actividades das Asociacións de veciños, Centros culturales parroquiales e Federacións veciñais

O 4 de agosto de 2020 foi publicado no BOP o Extracto das Subvencións de Participación Cidadá para actividades das asociacións de veciños, centros culturais parroquiais e federacións veciñais do Concello de Redondela.
Publicado por o día 12/08/2020 na sección de Galicia,Redondela

Subvencións de Participación Cidadá para actividades das Asociacións de veciños, Centros culturales parroquiales e Federacións veciñais

O día 4 de agosto de 2020 foi publicado o extracto das Subvencións de Participación Cidadá para a realización de actividades do ano 2020 nas parroquias do Concello de Redondela, sendo o prazo de solicitude dun mes a contar dende o día seguinte da súa publicación, é dicir, dende o 5 de agosto de 2020 ata o 5 de setembro de 2020 (ámbolos dous días incluídos).

O obxectivo da Subvención é fomentar a realización de actividades nas distintas parroquias do Concello de Redondela para contribuír ao desenvolvemento das relacións entre a veciñanza e a súa vinculación coa súa contorna durante todo o 2020.

As bases das subvencións foron publicadas no BOP de Pontevedra o 30 de xullo do 2020, na que se poden consultar os criterios de valoración, e como novidade hai que indicar que serán subvencionables os gastos derivados do cumprimento das medidas hixiénicas establecidas polo covid-19 en relación coa limpeza e desinfección do mobiliario e local no que se desenvolvan as actividades, ata un máximo de 100 euros.

Dende a Concellería de Participación Cidadá se ten presente a situación excepcional vivida neste ano 2020, que afectou gravemente ao desenvolvemento das actividades que se estaban levando a cabo nos distintos centros do Concello, sen embargo, dende a Administración Local se quere apoiar ás entidades beneficiarias desta subvención para que poidan levar a cabo as diversas actividades que tanto benefician a toda a veciñanza.

Todas as persoas e entidades que estean interesadas en solicitar a axuda poden consultar a páxina web do Concello de Redondela (www.redondela.gal) onde están publicadas as bases e convocatorias, ou poden dirixirse á Concellería de Participación Cidadá ([email protected]).

Comentar noticia

Your email address will not be published.