Sumamos Pontevedra organiza unha recollida solidaria de roupa e xoguetes

Publicado por o día 30/11/2017 na sección de Galicia,Pontevedra,Social

A Asociación Sumamos Pontevedra organiza este venres, ás 19.30 no seu local (R/ Antón Vilar Ponte, 4 Baixo) un coloquio sobre a pobreza fronte ó ultraconsumismo do Nadal e o papel do pequeno comercio como un dos eixos fundamentais para o cambio de modelo de consumo. No coloquio participará Pepa Vázquez, coordinadora da Asociación pontevedresa Boa Vida Inclusión Activa. O acto rematará cunha recollida solidaria de roupa e xoguetes que serán donados a Boa Vida.

Jose Ramón Otero, presidente da asociación, comenta: “Queremos trasladar sobre todo dúas mensaxes á cidadanía. A primeira, que intenten non tirar bens que se poden aproveitar. É moi típico nestas datas que, cando chegan xoguetes ou roupa nova, faise “limpeza” para facer sitio, e moita da roupa e dos xoguetes vellos acaban no lixo. Todo o que poida ser reutilizado ten que ser reutilizado. A segunda mensaxe é que temos que convertirnos en consumidores máis responsables. Consumir menos, e sempre no pequeno comercio. O pequeno comercio crea economía de cercanía, crea producción de cercanía, crea cidade e benestar”.

David Crespo, medioambientólogo e membro da asociación, advirte: “Estamos a crear unha sociedade de febles valores. A sociedade non pode pensar únicamente no consumo, temos que dar un xiro de 180 graos para comenzar a realizar actividades que sexan moito máis sustentables e respetuosas có noso medio ambiente. Temos que consumir menos e con máis responsabilidade.”

Bárbara García, estudante de Maxisterio e membra da asociación, apunta: “A educación e a concienciación é fundamental. Con actos coma este queremos poñer o noso pequeno gran de área. Ademais hai xente moi necesitada, e unha prenda de roupa que non lle sirve a alguén pode ser máis ca un regalo para a xente que está pasando un mal momento”.