Sumamos Pontevedra proxecta o documental “Oligopoly Off”

Publicado por o día 20/11/2017 na sección de Cultura,Galicia,Pontevedra

Sumamos Pontevedra proxecta o documental “Oligopoly Off”

A Asociación Sumamos Pontevedra proxecta, este luns ás 19.30, no seu local (R/ Antón Vilar Ponte, 4 Baixo) o documental “Oligopoly OFF”. A continuación David Crespo, membro da asociación Sumamos moderará un coloquio no que participarán Néstor Vázquez, covoceiro de Equo Galicia e Pablo Álvarez, da Sociedade Cooperativa A Nosa Enerxía.

O documental, dirixido por Alba del Campo e producido pola “Plataforma por un Nuevo Modelo Energético” plantexa as relacións que se establecen entre as grandes empresas de enerxía e a clase política, e como estas relacións afectan á cidadanía. As subas pactadas no prezo do recibo da luz, a contaminación ou a pobreza enerxética son protagonistas neste film. Tamén reflexiona sobre as diferentes alternativas en forma de cooperativas de enerxía, na que os consumidores pasan de ser simples pagadores a ser actores fundamentais na producción eléctrica e no seu propio consumo enerxético.

Jose Ramón Otero, presidente da asociación, cree que fai falta moita información, e que actos coma este poden axudar á cidadanía a tomar mellores decisións á hora de contratar unha comercializadora de electricidade ou outra. “A moita xente cóstalle entender o recibo da luz. Imaxínate o que pode costar entender a complexidade do sistema eléctrico”.

Fernando Martínez, economista e membro da asociación, aporta algunhas cifras: “Máis do 90 % do mercado eléctrico doméstico é controlado por tres empresas. As eléctricas españolas gañan, de feito, case tres veces máis cas europeas. Pensar que non hai pactos de prezos nas nosas tarifas é como mínimo inxenuo”.

O principal obxectivo do acto é reflexionar sobre a situación actual da enerxía e dar a coñecer as alternativas ás grandes empresas enerxéticas en Galicia e en España.