Susana Rodríguez Gacio, gañadora do mundial de tríatlon paralímpico, aterra hoxe no aeroporto de Vigo ás 21.00 horas

Este é o seu terceiro mundial, segundo consecutivo
Publicado por o día 02/09/2019 na sección de Deportes,Galicia,Vigo

Susana Rodríguez Gacio, gañadora do mundial de tríatlon  paralímpico, aterra hoxe no aeroporto de Vigo ás 21.00 horas

A viguesa Susana Rodríguez Gacio, e a súa parella Paula García, demostraron o bo desempeño do tríatlon paralímpico español na categoría de discapacidade visual, ao colgarse a medalla de ouro no Mundial que concluíu onte domingo en Lausana (Suíza). Susana aterrará esta noite ás 21.00 horas no aeroporto de Vigo.

A paralímpica viguesa Susana Rodríguez, que naceu con menos dun 10% de visión, é a actual campioa do mundo de paratriatlón. Participou nos Xogos Paralímpicos de Rio de Janeiro en 2016 e agora mesmo atópase enfocada no Campionato de Europa que se celebrará en Valencia o próximo día 15 e nos xogos Olímpicos de Tokio 2020.

É licenciada en Medicina e traballa no servizo de Rehabilitación do Clínico de Santiago. A deportista viguesa que afrontará en 2020 as súas segundas paraolimpiadas, destacou a súa ilusión por representar á súa cidade nesta proba e agradeceu o apoio que lle está prestando Delikia como compañía viguesa, destacando o traballo humano que se atopa detrás das máquinas de vending, algo que descubriu na súa visita ás instalacións da empresa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.