Susana Seivane arranca a súa xira 20 aniversario na Casa de Cultura de Bertamiráns este venres

Por o 11/02/2019 | Sección: Cultura
Susana Seivane arranca a súa xira 20 aniversario na Casa de Cultura de Bertamiráns este venres

A gaiteira Susana Seivane celebrará os vindeiros meses de febreiro e marzo o vinte aniversario da saída do seu primeiro traballo discográfico.

‘Susana Seivane’ convertiase o 21 de febreiro do 1999, no primeiro paso da lonxeva carreira dunha das gaiteiras máis internacionais da nosa terra. Con esta xira Susana, quere festexar estes vinte anos cheos de música que a levaron a visitar máis de 20 paises e dar máis de 1.000 concertos por todo o mundo, sempre prestando especial atención a Galicia e as súas tradicións.

Será o propio 21 de febreiro cando terá lugar no Garufa Club na Coruña un concerto especial para festexa-lo aniversario. Será nun formato único e irrepetible e contará con repertorio inédito e a participación do público que se achegue á celebración.

O resto das citas serán na Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 15 de febreiro ás 21. h, no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo o sábado 23 de febreiro ás 21 h, o 8 de marzo no Teatro Principal da Estrada ás 22.00 h, o 15 de marzo na sala 0 de Madrid ás 21.00h e pechará esta primeira parte da xira en Lugo, dentro da programación doLubicán, no Circulo de las Artes ás 20.30 h.

As entradas xa están á venda en evenbrite de xeito anticipado (7-10 euros máis gastos de envío) e quedarán dispoñibles nas respectivas billeteiras dos recintos nos días das función por un prezo de 12 euros, exceptuando o de Lugo, que é de entrada libre ate completar aforo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.