Suspéndese o desfile de entroido e trasládase ao pavillón municipal

Publicado por o día 13/02/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Suspéndese o desfile de entroido e trasládase ao pavillón municipal

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas informa que se suspende o desfile de entroido previsto para esta tarde e trasládase ao pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino (ao edificio vello). Tódalas comparsas e veciñanza daránse cita hoxe ás 19:30 horas nesta nova ubicación. A festa de entroido continúa no pavillón municipal a cuberto da choiva.