Suspendida a folga de socorristas da Coruña tras solicitarse a mediación da autoridade laboral

Acordouse coa concesionaria a anulación das sancións, a reposición de EPIs e medidas sociais
Publicado por o día 17/08/2020 na sección de A Coruña,CIG,Galicia,Sindicatos

Suspendida a folga de socorristas da Coruña tras solicitarse a mediación da autoridade laboral

O persoal de salvamento das praias da Coruña vén de acordar a suspensión da convocatoria de folga indefinida que se iniciaría a partir deste martes, día 18 de agosto, tras conseguirse algúns avances coa empresa concesionaria Move Servicios de Ocio y Deporte e coa solicitude de mediación da autoridade laboral. A CIG-Servizos da Coruña avalía con satisfacción que se inicien as negociacións, o que non se tería conseguido “sen a loita das traballadoras e traballadores na defensa dos seus dereitos”.

Polo momento xa se acordou coa empresa “anular as sancións inxustamente impostas, a reposición adecuada dos EPI, a concesión de medidas sociais e solicitude de mediación a autoridade laboral para mediar sobre o correcto abono das horas extras”.

Por iso decidiron, “á espera dunha pronta reunión para que se dea esa mediación e dunha adecuada resolución”, deixar en suspenso a folga indefinida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.