Suspendida unha operación no Hospital Álvaro Cunquereiro por falta de material

A familia da paciente indígnase cando ven á paciente entrar pola porta da habitación tras unha hora de levala á sala de intervencións
Publicado por o día 31/08/2017 na sección de Sanidad,Sucesos

Suspendida unha operación no Hospital Álvaro Cunquereiro por falta de material

A través dunha mensaxe no noso Facebook e tras contrastar a noticia co ingreso da paciente e máis a folla de reclamacións, o día 27 de agosto de 2017 nos afirman que unha paciente ingresaba no Hospital Álvaro Cunqueiro ás 18h para ser operada ao día seguinte, día 28.

No relato dos acontecementos a afectada nos conta que no día da operación suben á paciente ás sete e media da tarde para ser intervida e tras unha hora na sala de operacións, transmítenlle que non poderá ser intervida. O motivo según afirma a afectada sería a falta dunhas pinzas que eran necesarias para a súa intervención, argumentándolle os profesionais da sanidade que as pediron, pero que non lles chegaron.

Logo de estar unha hora esperando na sala de operacións, lévana a planta cando os seus familiares ven que regresa tan cedo, a familia queda totalmente desgustada ao escoitar o ocorrido na sala de espera, entrando en fase de cabreo.

A paciente que ía ser intervida dun tumor no fígado, según nos segue a relatar, sería unha operación de urxencia, xa que dito tumor senón era intervido ía ir a peor, aumentando aínda máis o mosqueo debido a que os fillos desta paciente pediron o día no traballo para estar á beira da súa nai.

A suspensión da intervención a esta paciente pode provocar que vaia a mais como declaran os familiares a este medio, polo visto, ese mesmo día no Hospital Álvaro Cunqueiro, poderían haberse cancelado máis intervencións.

A familia desta paciente en declaracións a NoticiasVigo.es di “que como se pode xogar así coa vida das persoas, como se notan que non son a vosa familia, despois dicides que é o mellor hospital de Galicia, ten moito que desexar para ser o mellor”, manifestan.

Os familiares desta paciente non dubidaron en ir a facer unha reclamación ao Álvaro Cunqueiro,  proba que aportamos a todos os lectores.

Folla de reclamacións

2 Respuestas a "Suspendida unha operación no Hospital Álvaro Cunquereiro por falta de material"