Suspendidas numerosas intervencións cirúrxicas nos hospitais de Vigo

Por o 13/04/2018 | Sección: CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
Suspendidas numerosas intervencións cirúrxicas nos hospitais de Vigo

A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo, ante o problema de suspensíón de cirurxías nos hospitais públicos de Vigo, manifesta o seguinte:

1º) Nos días 11 e 12 se suspenderon cirurxías como consecuencia da aparición de “polvillo” nas caixas provenientes de esterilización. No día de hoxe tamén houbo suspensión de intervencións no Álvaro Cunqueiro, aínda que en menor cuantía, e retrasos no Hospital do Meixoeiro.

2º) CCOO valora a profesionalidade do persoal de quirófano que tomou a decisión da suspensión, antepoñendo a seguridade dos pacientes a outras cuestións. Do mesmo xeito CCOO valora o traballo encomiable do persoal do servizo de esterilización, quen en condicións precarioas sacan o traballo adiante.

3º) CCOO, considera necesaria a contratación na vindeira semana de persoal para esterilización, necesario para clasificar o material que chegará en bolsas en vez de caixas. Hoxe mesmo o desborde de traballo, obligou a ser reforzado por persoal de quirófano.

4º) CCOO, considera necesario investigar a fondo os feitos e determinar desde cando veñen sucedendo, e por iso pide que os profesionais afectados e unha representación sindical participen na investigación.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "Suspendidas numerosas intervencións cirúrxicas nos hospitais de Vigo"

  1. josefa   14/04/2018 at 23:54

    desde principios del 2017 se sabia lo del polvillo blanco en los contenedores.

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.