Suspensión da expedición de permisos de queimas en Vigo

Por o 16/06/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
Suspensión da expedición de permisos de queimas en Vigo

Co inicio da campaña de verán , época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes.

Durante este período, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.

Ca finalidade de minimizar ao máximo os efectos socioeconómicos e ecolóxicos dos lumes, suspenderase con carácter xeral, dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, a admisión de solicitudes de queimas de produtos do campo (herbas, restrollos, etc…) no Rexistro Xeral (xa sexa presencial ou a través da páxina web do Concello)